RIBADEO .- O ex alcalde do PSOE ribadense, Balbino Pérez Vacas, reclámalle ao concello uns 12 mil euros non percibidos a raíz de que o pleno lle retirara a dedicación exclusiva no ano 2007. O voceiro do BNG, Vicente Castro, sorprendese da reclamación e recorda que “naquel pleno de abril de 2007 retirouse a dedicación exclusiva do alcalde naquel momento, Balbino Pérez Vacas, e do tenente de alcalde, Fernando Suárez. O tenente de alcalde incorporouse, como era a súa obriga, ao seu posto de traballo no Concello de Vegadeo e entendemos que Balbino Pérez Vacas puido facer o mesmo e solicitar a reincorporación ao seu anterior posto de traballo”.
Nota de Prensa
O VOCEIRO DO BNG NO CONCELLO TILDA DE INOPORTUNA A RECLAMACIÓN DE MÁIS DE 12.000 EUROS PRESENTADA POLO EX ALCALDE DE RIBADEO POLOS DOUS MESES QUE LLE FOI RETIRADO O SALARIO NA SÚA ETAPA COMA REXEDOR.
Ribadeo, 23 de xullo de 2008. O voceiro do BNG, Vicente Castro, asegura que <serán os servizos xurídicos do Concello de Ribadeo os que teñan que resolver esa reclamación presentada por Balbino Pérez Vacas>. Castro di que ao seu grupo lle sorprende <que se lle ocurra facer unha reclamación deste tipo. Temos que lembrar que naquel pleno de abril de 2007 retiróuse a dedicación exclusiva do alcalde naquel momento, Balbino Pérez Vacas, e do tenente de alcalde, Fernando Suárez. O tenente de alcalde incorporóuse, como era a súa obriga, ao seu posto de traballo no Concello de Vegadeo e entendemos que Balbino Pérez Vacas puido facer o mesmo e solicitar a reincorporación ao seu anterior posto de traballo. Non o fixo e é unha opción na que non entramos>.
O voceiro nacionalista tilda de inoportuna esta reclamación <e parece que está máis destinada a sangrar ás arcas municipais xa de por sí bastante doidas. Entendemos que o órgano que tomou a decisión naquel momento de retirar eses salarios é dicir o pleno do Concello será o que teña que voltar a pronunciarse sobre este tema que está en mans dos servizos xurídicos municipais>.





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



