Nota de prensa
ADEGA LEVARÁ O CASO BARREIROS Á FISCALÍA ANTICORRUPCIÓN
Tamén pedirá ao Concello de Barreiros a revisión de oficio das licenzas de obra outorgadas ilegalmente e non descarta a vía contenciosa para recorrer os expedientes.
ADEGA considera que tanto o Plano Sectorial de Barreiros como os proxectos sectoriais derivados constitúen un fraude de lei.
Compostela, 9 de Setembro do 2011.- Tras a retirada por parte da Xunta de Feixóo dos recursos interpostos polo bipartito contra as licenzas ilegais outorgadas polo concello de Barreiros no ano 2006, ADEGA decide levar o caso ante a Fiscalía Anticorrupción e solicitar ao Concello de Barreiros a revisión de oficio das licenzas de edificación ilegalmente outorgadas, tras o cal non descarta recorrer á vía contenciosa.
Para ADEGA o caso Barreiros é un caso de evidente prevaricación por parte do Concello de Barreiros, en primeiro lugar, e por parte da Xunta do Sr. Feixóo, en segundo. Tanto o Plano Sectorial como os proxectos sectoriais posteriores (de abastecemento, saneamento e viais) supoñen un inaceptábel quebranto económico ao erario público ( 14 millóns de euros) e constitúen un evidente fraude de lei ao intentar solucionar un problema de entidade municipal a través dunha figura de ordenación territorial de ámbito supramunicipal.
Ademais, o plano sectorial intenta encubrir, a través da manipulación xurídica, os delitos de prevaricación acometidos polo concello ao outorgar licencias de edificación sobre solo urbano non consolidado, sen antes ter obrigado aos promotores ás cesións de solo para infraestruturas, zonas verdes e vivendas sociais, e sen que tampouco os promotores tivesen acometido as obras de urbanización que agora se queren construír con diñeiro público.
Por outra banda, a punto de acabarse o período de exposición pública dos tres proxectos sectoriais derivados do “Plan sectorial para a mellora e ampliación das infraestruturas de abastecemento, saneamento e rede viaria”, ADEGA vén de entregar na Fiscalía de Medio Ambiente e Urbanismo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia nova documentación allea aos textos oficiais sometidos a información pública. Trátase dun completo compendio de notas de prensa sobre o Plano Sectorial nas que se demostra que o Alcalde de Barreiros, Alfonso Fuentes, os responsables da Xunta e os promotores son totalmente conscientes da ilegalidade das obras urbanísticas que queren legalizar a través deste Plan Sectorial que, fraudulentamente queren facer pasar como unha actuación de interese supramunicipal, cando, sen embargo, só beneficiará a promotores e a entidades de crédito e cando nin sequera abarca á totalidade dos núcleos de poboación do Concello de Barreiros con idénticas necesidades de mellora do abastecemento, no saneamento ou na rede viaria.
ADEGA agarda que o Ministerio Fiscal sexa consciente da transcendencia que para o futuro da lexislación urbanística e do dereito urbanístico en Galiza ten o caso Barreiros e que, en consecuencia, sexa quen de soportar as presións do poder político, levando a cabo unha investigación exhaustiva dos feitos denunciados. Sexan quen sexan os responsábeis non pode haber impunidade para esta forma de actuar, nomeadamente con respecto á Consellaría de Medio ambiente, Territorio e Infraestruturas, que precisamente ten o encargo legal de facer cumprir a lexislación e de perseguir calquera tipo de infracción urbanística.
Por último, consideramos que, de prosperar este Plan Sectorial da Xunta, cometeríase un enorme agravio comparativo con relación aos promotores e particulares que cumpriron e cumpren escrupulosamente coa lexislación ou que foron sancionados. Pero a peor das consecuencias é a desaparición a nivel práctico da lexislación urbanística en Galiza para ser substituída pola arbitrariedade do Conselleiro de quenda.

























A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Estiveron organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofreceron tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).



