NOTIFICACIÓN DE CONVOCATORIA DE SESIÓN PLENARIA
O Sr.Alcalde-Presidente usando das atribucións que lle confire o art. 21.1 c) da Lei 7/85 por Decreto desta data
resolveu convocar ao Pleno do Concello para celebración de sesión para o día e hora que de seguido se expresa,
sendo os asuntos comprendidos na Orde do día os que se indican:
PLENO
ORDINARIO
LUGAR: Casa do Concello.
DATA:
19 de setembro de 2011
HORA: 20,00 horas.
ORDE DO DIA
1.,- Aprobación se procede da acta anterior correspondente á sesión ordinaria de data 11 de xullo de 2011.
2.- Renuncia do Concelleiro de Unión do Pobo Ribadense –UPRI- D. Francisco Rivas Alvarez ao posto de Concelleiro.
3.- Imposición e Ordenación do Imposto sobre o incremento de Valor dos terreos de natureza urbana.
4.-Resolución de alegación e aprobación definitiva de Ordenanza reguladora de apertura de establecementos para o
exercicio de actividades non sometidas a avaliación de incidencia ambiental.
5.- Resolución de alegación e aprobación definitiva de Ordenanza fisdcal reguladora da taxa pola realización de actividades administrativas de Inspección, control e verificación de actividades en réxime de declaración responsable.
6.-Festivos locais para o exercicio 2012, de conformidade co disposto no Decreto 128/2011, de 30 de xuño.
7.-Designación de vocal titular e suplente como representantes do Concello na rede galega de Concellos pola sostibilidade.
8.-Designación de representantes titular e suplente o Consello Territorial da Propiedade Inmobiliaria.
9.- Reclamación previa da Comunidade de Montes en Man Común Monte Cordal, en relación á finca de titularidade municipal.
10.-Control dos órganos da Corporación (art. 46.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril de Bases de Réxime Local). Dación de conta de Decretos da Alcaldia, Rogos e Preguntas e Mocións (1.-Moción do PP sobre catálogo priorizado de productos farmacéuticos.2.-Moción do BNG sobre devolución correspondentes ás iquidacións negativas da participación nos ingresos do Estado




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



