Nota de prensa
A XUNTA IMPULSA O USO DO SOFTWARE LIBRE NAS AULAS DA REDE CEMIT CON FORMACION ESPECIFICA PARA OS AXENTES TIC
Celebra unhas xornadas formativas para que os profesionais que xestionan as aulas coñezan en profundidade este tipo de software e contribúan á súa difusión entre a cidadanía
Celebraranse nas aulas CeMIT de Santiago, Lugo, Ourense e Vigo entre o 19 e 22 de setembro
A rede CeMIT estase a equipar con sistemas operativos, solucións e ferramentas informáticas baseadas en software libre e fontes abertas (FLOSS)
Esta iniciativa enmárcase no Plan de Acción Floss que desenvolve a Secretaría Xeral de Modernización para impulsar o uso e difusión do software libre
Santiago, 17 de setembro de 2011.- A Xunta celebra entre o 19 e o 22 de setembro unhas xornadas formativas provinciais sobre software libre dirixidas aos axentes TIC, os profesionais que se ocupan das 89 aulas que integran a Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica (CeMIT).
A rede CeMIT estase a equipar con sistemas operativos, solucións e ferramentas informáticas baseadas en software libre e fontes abertas (FLOSS), colaborando así tamén na súa difusión. Esta iniciativa alíñase coa política de promoción, difusión e fomento da utilización de tecnoloxías baseadas en software libre que está desenvolver a Secretaría Xeral de Modernización e Inclusión Tecnolóxica a través o Plan de Acción FlOSS.
A difusión das tecnoloxías FLOSS que está a levar a cabo a rede CeMIT require tamén da capacitación dos Axentes TIC no eido do software libre. Con este obxectivo celebraranse no mes de setembro catro xornadas provinciais de introdución ao Software Libre cuxos principais obxectivos son, ver e comprender os aspectos diferenciais das aplicacións Software Libre e software propietario e proporcionar unha visión persoal das aplicacións de Software Libre e o seu posible uso no ámbito laboral dos responsables das aulas CeMIT.
Contido da xornada
A xornada estrutúrase en tres partes, cunha introdución previa sobre como executar, cambiar e distribuír copias de documentos en software libre con ou sen cambios. Na primeira parte darase a coñecer o sistema operativo, o seu ámbito de escritorio e o explorador de arquivos do sistema.
Na segunda abordarase a personalización e administración do sistema operativo e o traballo coas principais aplicacións da distribución e na terceira trataranse outras aplicacións de Software Libre.
Este curso que conta cun horario único de 10 a 14 horas organízase en catro xornadas provinciais de cara a achegar a formación ao maior número de axentes posibles. Xúntase listado de datas e lugares das xornadas:
– Día 19 na aula CeMIT de SANTIAGO DE COMPOSTELA
Aula Centro Multimedia de Galicia
Rúa Hórreo 61-20
– Día 20 na aula CeMIT de LUGO
Centro Social Lamas de Prado
Praza do Castiñeiro, s/n
– Día 21 na aula CeMIT de OURENSE
Avda. Progreso 44
– Día 22 na aula CeMIT de VIGO
Rúa Oporto, 1
Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse á Oficina CeMIT a través do seguinte correo electrónico formacion-cemit@xunta.es, ou ben a través do teléfono 981 957 136.
Rede CeMIT
A Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (Rede CeMIT), integrada por 94 aulas presentes en 89 concellos galegos, ten como obxectivo promover o uso das novas tecnoloxías entre a poboación, con especial atención aos colectivos máis afectados pola fenda dixital, fomentar a formación dixital entre os profesionais galegos e mostrar á pemes e micropemes as vantaxes da sociedade da información.



















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



