Nota de prensa
Contestación a : a iniciativa dos propios cazadores e dos labregos afectados foi o motor da reacción das administracións.
Recordarlle ao Sr. Suarez que esta deputada xa se interesou polos danos dos xabaríls perante o Parlamento de Galicia en decembro do 2009, aínda que esta iniciativa xurde, como xa se dixo en distintas ocasións dunha reunión mantida cos Tecores dos concellos de Trabada, Ribadeo e Barreiros e a Asoción de afectados polos danos dos xabaríls có consenso de todalas partes afectadas.
Os representantes políticos entre outras cousas temos a obriga de facernos eco das demandas da sociedade. El tamén presentou unha moción no concello de Ribadeo despois de reunirse coa Asociación.
Espero que sexa intelixente e que non faga dos danos dos xabarils a agricultores e gandeiros e das repercusións nos tecores unha loita partidista.
Contestación a: vota en falta saber cando se van pagar as demandas pendentes desde 2009
En época de vacas gordas, o bipartito sacou esta orde de axudas, no 2006 estableceron un orzamento de 100.000 € e atenderonse 467 expedientes cun montante de pagos de 130.004,3 €, motivo que fixo necesario un incremento orzamentario.
Feito incomprensible o do ano 2007, baixan a partida orzamentaria nin máis nin menos que nun 40% establecendo somente 60.000 € para estas axudas. Finalmente o montante dos pagos alcanzou 370.971,71 €, pagos que foron posibles a través dunha trasferencia do capítulo 2 de gastos xeraís da Secretaría Xeral.
Pero as incongruencias siguen, Ano 2008, orzamento 120.000 €, rexistráronse 2.215 avisos por danos aínda que finalmente só se abriron expedientes por 1.476 cun montante de danos indemnizados que ascendeu a 695.990,76 €, é dicir un 579 % máis do orzamentado.
A partida presupuestada para atender estes danos no ano 2009 que ascendía a 124.300 €, consumiuse na súa totalidade en abonar os expedientes que quedaron pendientes de pago do ano 2008 e así chegamos ao ano 2010, convocatoria do goberno popular cun orzamento de 250.000 € a maior cantidade habilitada ata o de agora para este fin, pasando de doblar así a maior cantidada orzamentada polo bipartito, pero desgraciadamente con subvencions sin pagar da convocatoria do 2008.
Na tramitación da propia orde recollese que as solicitudes e os recursos estimados de anos anteriores que non se concedan por insuficiencia orzamentaria ou por atrasos na tramitación achacábles á Administración se atenderán con cargo á convocatoria do ano seguinte, de se producir.
Estamos ante un problema orixinado polo bipartito por non saber afrontalo e recurrir ao fácil, como había cartos optouse por pagar os danos en vez de estudiar o problema e buscar unha solución preventiva. Puxeron a benda sin curar a ferida.
Recordar tamén que na propia orde no referente ao crédito, concretamente na convocatoria do 2010 no art. 10, se especifica que o pagamento das axudas queda condicionado á existencia de crédito orzamentario.
Creo que con esto as dúbidas do Sr. Suarez quedan aclaradas ademáis de dicirlle que en Galicia os danos están estimados en torno a 25 millóns de €, as axudas por danos do xabaril non son de ningún xeito unha medida axeitada para facer fronte a este problema nin resulta posible no actual panorama económico económico que estamos a sufrir agravado polo incumprimento estatal de finanzamento autonómico facer fronte aos custos que tal liña de axudas impoñía.
Ademaís delo, pódese comprobar, polas dotacións previstas o primeiro ano que se puxeron en marcha e o crecemento exponencial que tiveron ano tras ano, que a demanda delas crece a un ritmo absolutamente inasequible para as posibilidades económicas de calquera administración, sen que se poida vislumbrar o teito de gasto destas solicitudes de axuda. Por iso insisto, non é cuestión de indemnizar cando o dano está feito, é cuestión de actuar para que ese dano non se realice con medidas concretas entre gandeiros agricultores tecores e administración
















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



