Nota de prensa
O Portavoz do PSdG- PSOE de Foz, José Maria García Rivera, manifesta que so a incompetencia o desgoberno e a chulería pode privar os cidadáns dos servicios os que teñen dereito.
Isto é o que está a pasar en Foz, toda a culpa de todos os males de Foz son de Rivera, ou eso é o que pretenden que crean os cidadáns, cando a realidade é que temos en Foz un Alcalde que non se entera de nada, sen limpeza, sen socorrismo, sen auga nas praias, sen servicio na casa da xuventude,sen servicio na biblioteca, o alumeado público no que as luces aluman de día e están apagadas de noite onde arden os cadros e non se da aviso a empresa de mantemento, desafío constante a organizacións e asociacións do municipio pero con defensa a ultranza de todos os estamentos menos dos veciños de Foz, é a conclusión cal se pode chegar.
No tocante os alumeados públicos comentar que os veciños quéixanse de que chaman para dar avisos de bombillas fundidas ou outros problemas, pero que aínda que se recollan as súas queixas ninguén as atende a posteriori, claro que antes e xa que tanto lle gustan o Sr Castiñeira as comparacións, había un concelleiro delegado de alumeados públicos, o Sr Marful, que sempre estaba pendente destes problemas e poñéndolles solución.
Que si Rivera facía desta ou daquela maneira, sempre xustificando, pero non se entera que Rivera non deixaba tirado nin pechado ningún servicio, que todos funcionaban, a maiores escudase Casiñeira en que non hai cartos, pois prepárese – di Rivera- “o PSdG- PSOE vai solicitar un Pleno Extraordinario para demostrar a cidadania con documentos oficiais da Oficina de Intervención, fechados uns días antes de tomar posesión Sr Castñeira como Alcalde, onde se explica claramente como quedaba o Concello en materia económica”, para “desmontar todo ese circo que o rodea e o fai vivir aislado no seu bunker cos seus misterios”
Di Castiñeira que a biblioteca municipal permanecerá pechada “porque non esta disposto a manter as compensacións que garantizaba o Goberno de Rivera «que lle daba ao substituto un día de vacacións por cada tres horas que traballaba pola tarde»”. Rivera, esixe que demostre o que di, cousa que non poderá facer, posto que o que o seu Goberno o que facía era cambiar horas traballadas a maiores por días libres, tal como marca o convenio cos traballadores.
“Non quería a Aula da Natureza, pajarera lle chamaba, pero tivo que tragala por que a critica dos cidadáns eran negativas para vostede, agora di que as instalacións están ben, sempre estiveron, o que pasa e que vostedes os do PP de Foz e a camarilla de Lugo, dereitosos como vostedes solos, si non o fan vostedes xa non vale. Di vostede, que se ocupará da Aula da Natureza unha persoa altruistamente, esperemos que non pase nada, non olvide que son unhas instalacións municipais, para vostede así é como se trata o traballador facer tarea sen cobrar.
Sr.Alcalde, atenda as súas responsabilidades e deixe xa o que fixo ou deixou de facer o anterior Goberno, non faga comparacións que a veces son odiosas.
















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



