Nota de prensa
AS 12 AULAS CEMIT DA PROVINCIA DE LUGO ACOLLERAN ATA FINAIS DE ANO CURSOS GRATUITOS RELACIONADOS CO SECTOR MULTIMEDIA E AUDIOVISUAL
Os interesados poderán aprender de primeira man todo o relacionado coa creación de videoxogos, o desenvolvemento de webs para móbiles ou o streaming de audio e vídeo
Os concellos que impartirán cursos son os de Becerreá, Chantada, A Fonsagrada, Foz, Guitiriz, Lugo, Monforte de Lemos, Monterroso, Quiroga, Sarria e Viveiro
Os cursos forman parte do Programa de Formación Multimedia e Audiovisual 2011 da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica de Galicia (CeMIT) e na iniciativa participan once concellos da provincia de Lugo
Pódese reservar praza a través da web, www.cemit.xunta.es, ou do número de teléfono, 902 222 321
Santiago, 20 de setembro de 2011.- O secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, anununciou hoxe que as aulas CeMIT dos consellos lucenses de Becerreá, Chantada, A Fonsagrada, Foz, Guitiriz, Lugo, Monforte de Lemos, Monterroso, Quiroga, Sarria e Viveiro acollerán de aquí a decembro cursos gratuítos relacionados co sector multimedia e audiovisual. Na rolda de prensa ofrecida esta mañá, Cabaleiro enmarcou esta iniciativa no Programa de Formación Multimedia e Audiovisual 2011 da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica de Galicia.
A través deste tipo de cursos, que combinan a modalidade presencial e on-line, os interesados poderán formarse en todo o relacionado coa creación de videoxogos, o desenvolvemento de webs para móbiles ou o streaming de audio e vídeo dende as 12 aulas CeMIT que a Rede ten distribuídas pola provincia de Lugo.
Durante os catro días de duración de cada un dos cursos, emitirase un video documental realizado para a ocasión cos contidos de cada un deles seguido dunha explicación e resolución de dúbidas (titorización) polo técnico experto a través de videoconferencia. Neste momento, hai en total xa máis de 470 persoas inscritas (227 no curso de creación de videoxogos, 113 no de creación de webs para móbiles, e 116 no de streaming de audio e video). Os interesados poden reservar a súa praza a través da web, www.cemit.xunta.es, ou do número de teléfono, 902 222 321.
O primeiro en celebrarse será o curso de creación de videoxogos (30 horas), que se desenvolverá a partir da vindeira semana; o seguinte será o de creación de webs para móbiles (30 horas), a partir do 24 de outubro; e por último, o curso de streaming de audio e video (30 horas) que se impartirá a partir do 21de novembro.
A Xunta de Galicia puxo en marcha o Programa de Formación 2011 da Rede de Centros para a Modernizacón e Inclusión Tecnolóxica (Rede CeMIT) a través do cal se imparten durante este ano en 89 concellos galegos máis de mil cursos gratuítos cunha asistencia estimada de 10.000 alumnos. As aulas CeMIT acollen no marco deste Programa Formativo cursos gratuítos relacionados co sector audiovisual e multimedia desenvolvidos pola Secretaría Xeral de Medios a través do Centro Multimedia de Galicia (CMG).
O Centro Multimedia de Galicia vén realizando dende o ano 2000 Programas de Formación co fin de actuar como elemento dinamizador dos sectores da sociedade relacionados coas tecnoloxías multimedia e audiovisual. Agora, xa integrados na Rede CeMIT, dende o CMG preténdese seguir familiarizando á sociedade galega neste sector optimizando os recursos e infraestruturas dos concellos.
Xunto cos cursos impulsados pola Xunta de Galicia, o Plan de Formación prevé a adhesión de entidades colaboradoras, que poden empregar as instalacións da Rede CeMIT para a difusión dos seus propios proxectos en materia de novas tecnoloxías, así como para desenvolver actividades formativas propias.
Ademais do Plan de Formación, a Rede CeMIT desenvolve campañas de sensibilización e divulgación da importancia e beneficios das Tecnoloxías da Información e a Comunicación entre a cidadanía, empresas e outros colectivos coa organización de charlas e conferencias. Paralelamente, a maioría dos centros da Rede contan co servizo de “aula aberta”, que posibilita o acceso libre e de balde dos usuarios á utilización do equipamento co apoio e asesoramento dun axente especializado.



















Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



