Noxo en Foz
Hai uns días este cidadán escribía a propósito do desastre no coidado das instalacións de Foz. A escrita serviu para que o Alcalde desbrozara (xa dicíamos que era vergonza coa de “máquinas” que ten o seu partido para desbrozar os servizos públicos no País e en Foz mesmo, co desmonte da Escola de Vilaronte e os Servizos Sanitarios). Pero seguimos sen solucionar todo o asociado as des-instalacións que reclamábamos (material didáctico propio de outros anos da Fundación que está desaparecido, parasois no local, poder usar o amplo local da escola con tarima flotante e non recluír os pícaros no local anexo en pedra.
O Alcalde segue sen considerar necesario limpar, o local des-instalado para os pícaros e tampouco outras instalacións de Foz coma a da foto na piscina, desbrozando tamén o lixo e por tanto cheas de lixo. Sí lle deu tempo o alcalde a facer o ridículo na festa da bicicleta; noxo daba velo facendo 14 km sen casco (bo exemplo para os pícaros, sí señor) e bromeando cos premios que daba o Concello, sen lembrar quen patrocinaba o dado por que “eles daban tanto….”(supoño que o ano que ven os patrocinadores serán aínda menos, non me éstrana), noxo daba velo saudando (dúas paseantes do paseo marítimo exclamaban atónitas diante dos saúdos sen xeito que repartía no percorrido “¿quen era ese do pixama verde?”). O mesmo noxo do estado actual das instalacións en Foz.

















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



