Unifoz pide que o concello lle solicite á Xunta a posta en marcha dun plan integral urxente de limpeza do cauce e o acondicionamento de paseos do Río Ouro en Fazouro.
REFERENCIA
Jaime Cancio Rodríguez, en representación do grupo Municipal UNIFOZ na Corporación Municipal que Vostede preside:
EXPÓN:
Que un dos potenciais turísticos do noso pobo é a nosa paisaxe e as nosas rutas turísticas como o demostra que cada día son máis persoas as que visitan rutas como a do Río Ouro. Así pois temos que centrar unha parte dos nosos esforzos en coidar e mellorar as nosas rutas turísticas.
Que o Rio Ouro, representa para o noso pobo unha riqueza paisaxística e piscícola importante.
Que nos últimos anos foron moitos os eforzos feitos para a limpeza e acondicionamento do mesmo, polos veciños, Ministerio de Médio Ambiente (Servizo de Costas).
Que a pesar dos esforzos dos últimos anos no entorno do Río Ouro e mesmo no cauce e vista a situación actual, é urxente e necesario obras de acondicionamento e en especial de unha limpeza do cauce debido a gran cantidade de troncos e árbores que se encontran tirados no mesmo.
Por todo o anteriormente exposto UNIFOZ, presenta esta MOCION para que a Corporación Municipal solicite á Xunta de Galicia a posta en marcha dun plan integral no que se contemple a urxente limpeza do cauce e o acondicionamento de paseos laterais no entorno do Río Ouro en Fazouro.






















Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.



