Nota de prensa
Parga critica que a rede ferroviaria tras europea só chegue a Xixón.
Fraga denuncia que o Estado está incumprir o acordado en relación co tren na Mariña.
Un cento de persoas demanda un servizo de cercanías ferroviarias na Mariña
Un cento de persoas convocados polo Bloque Nacionalista Galego, participaron hoxe nunha viaxe en tren desde Ribadeo a Viveiro para reivindicar a posta en marcha das cercanías ferroviarias e esixir unha nova planificación das infraestruturas na Comarca da Mariña, diferente á recollida no Plano Europeo de Infraestruturas, nomeadamente no que ten a ver co deseño que ven de aprobar a Comisión Europea a proposta do Goberno Estado, que exclúe do ferrocarril as comarcas da Mariña, Ortegal e Ferrol. O acto que se iniciou na estación de ferrocarril de Ribadeo ás 11:00 h, tras recorrer os concellos por onde discorre o FEVE na comarca, remataría unha hora máis tarde na estación de Viveiro onde tomaron a palabra Antonio Veiga, Responsábel Comarcal do BNG, Manuel Parga, Parlamentario Autonómico, e Bernardo Fraga,Tenente de Alcalde de Viveiro e Candidato do BNG ao Senado.
Segundo indica Bernardo Fraga, Tenente de Alcalde de Viveiro e Candidato do BNG ao Senado, “non se trata dunha reivindicación nova para os nacionalistas, posto que a vimos plantexando de xeito insistente desde os anos 90 pero chegou o momento de que se converta nunha realidade como xeito de vertebración da comarca, na perspectiva de optimizar o transporte público na mesma e tamén para que A Mariña non se quede atrás nun momento no que as proximidades se están a xeneralizar no conxunto dos territorios do estado e non só nas áreas metropolitanas das cidades. Non temos dúbida que cun investimento mínimo as potencialidades serían moitas”.
Fraga criticou “que a día de hoxe Ribadeo até Viveiro só hai catro liñas diarias con saídas ás 6:50, ás 11:12, ás 14:45 e as 18:17 e de Viveiro até Ribadeo outras tantas con saídas ás 9:59, ás 12:18, ás 17:07 e ás 20:34 liñas que á marxe de ser insuficientes teñen uns horarios que non son os axeitados para responder as demandas dos seus potenciais usuarios na medida que non teñen en conta as quendas laborais e tampouco os horarios de atención ao publico dos servizos públicos que son comúns aos veciños da zona. O horario esta fixado unica e e exclusivamente atendendo a demanda da ruta Ferrol-Xixón ou Xixón-Ferrol”. Neste sentido Fraga denunciou “que do mesmo xeito na comarca de Ferrol ven funcionando un servizo de cercanías ou na área de Xixón este servizo non só tecnicamente é posíbel senón que é necesario na Comarca da Mariña”.
Na mesma liña o Tenente de Alcalde de Viveiro demandou “ que o Estado cumpra cos compromisos adquiridos coa Comarca tanto en sé parlamentaria como nos Orzamentos do Estado para levar adiante o Plano de Reubicación de Apeadeiros acordado en 1999, onde o Goberno do Estado se comprometía en fixar unha parada en Foz máis preto do casco urbano e outro tanto en Xove, Barreiros e Vicedo así como a construción do ramal ferroviario a Alcoa, posto que dese Plano só se executou a actuación en San Cibrao e en Covas. Non hai dúbida, posto que así o certifican os propios dados de FEVE, que a proximidade das paradas aos núcleos de poboación fan aumentar na nosa zona o número de viaxeiros por tren”.
O Parlamentario Autonómico Manuel Parga esixiu “que o Estado invista o comprometido tamén na mellora das dotacións do ferrocarril na zona, particularmente nas locomotoras posto que nos tramos de Ferrol a Xixón estanse a utilizar maquinas moi antigas, sendo posíbel acortar os traxectos mesmo co actual trazado de vía e sen ter que proceder a súa electrificación con novos equipos. Pensemos que a día de hoxe a viaxe entre Viveiro e Ribadeo ven durando unha hora, dado que a velocidade media do tren é de 40 Km/H, con outras locomotoras poderíase situar a velocidade sen ningún tipo de risco en 60Km/H tal como teñen recoñecido os responsábeis da empresa pública FEVE, coas vantaxes que isto tería para achegar persoas e territorios na Comarca até o punto de que con estas velocidades o desprazamento por ferrocarril sería máis rapído que o do transporte público por estrada. Esta claro que a posta en marcha deste servizo requiría un investimento mínimo, polo tanto non é un problema de diñeiro senón de falta de vontade polítca e tamén da consideración que ten o Estado Español desta parte do norte galego. Nin somos a periferia da periferia nin imos consentir que o Goberno do estado pretenda converternos niso ”.
Asemade Parga, denunciou “o Plano Europeo de Transportes que ven de aprobar a Comisión Europea, a proposta do Goberno do Estado, e que afonda nun modelo claramente discriminatorio para o Norte galego, e de xeito moi concreto para as Comarcas da Mariña, Ortegal e Ferrolterra, até o punto de que o corredor ferroviario do Cantábrico remata en Xixón co que a nosa Comarca fica excluída da conexión coas redes ferroviarias tanto do Estado como de Europa. É pois necesario un novo deseño que conte con nos e que non afonde aínda máis na exclusión e na marxinación da nosa zona. Outro tanto acontece co que establece o Plano para o Transporte Terrestre até o punto de que se exclúe no referido ao transporte por estrada a construción do tramo do Corredor Barreiros-Ferrol da Autovía do Cantábrico, unha actuación que tiña que estar rematada en 2007 e da que a día de hoxe só existe un Estudo de Impacto Ambiental”.
Xa por último o Parlamentario Nacionalista, afirmou que “ a posibilidade de que A Mariña de Lugo conte cun servizo de cercanías como o que estamos demandando, que non é nin máis nin menos que un servizo semellante ao que xa contan outros territorios do Estado, ou que se determine un novo Plano de Transporte que non borre á nosa Comarca do mapa, como o que se ven de aprobar, vai estar en función do peso que academos os nacionalistas no Congreso e no Senado. Ë necesario unha forte presenza do nacionalismo en Madrid para ser capaces de modificar estes deseños, posto que sabemos ben o conxunto dos cidadáns da Mariña, que só cando o nacionalismo estivo presente e foi determinante en Madrid, leváronse adiante melloras na rede viaria da nosa Comarca”.





















A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



