Nota de prensa
AGUSTÍN HERNÁNDEZ E RAQUEL ARIAS REÚNENSE CO ALCALDE DE FOZ PARA ABORDAR MELLORAS NAS INFRAESTRUTURAS DA LOCALIDADE
A Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas, que rematou nos últimos meses as obras de reforma e adaptación da LU-162, que une O Valadouro e Cangas (1,91 millóns de euros), ten previsto redactar próximamente o proxecto para a construción de beirarrúas e rede de pluviais de Cangas
Lugo, 25 de outubro de 2011.- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, e a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, mantiveron co alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeiras, unha reunión para abordar actuacións de mellora nas dotacións do municipio focense.
Na xuntanza, Agustín Hernández informou a rexedor focense que o departamento autonómico ten previsto iniciar próximamente a redacción do proxecto de construción de beirrarúas e rede de pluviais na zona de Cangas de Foz. Este proxecto abrangue a un espazo de preto de 3,5 quilómetros e contará cun orzamento que se estima que ronde os 600.000 euros.
A actuación supón un complemento a execución das obras de mellora na estrada LU-162, que une Ferreira do Valadouro e Cangas de Foz, que o departamento de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas concluíu nas últimas datas. Nestas obras investíronse 1,91 millóns de euros para reformar e mellorar un tramo de 12,4 quilómetros desta vía que serve de nexo para a comunicación interior dos veciños do concello de Foz.
En concreto, as obras executadas permitiron a rehabilitación do firme tanto dende o punto de vista da capacidade estrutural, como do de mellorar as características superficiais da rodadura, recuperando a necesaria textura e proporcionando unha óptima adherencia aos usuarios. Así mesmo, tamén se actuou para a mellora de interseccións a fin de incrementar a súa funcionalidade e a seguridade viaria e adaptáronse as barreiras metálicas á normativa vixente.
Coa redacción do proxecto de construción das beirarrúas e a rede de augas pluviais na zona de Cangas dase continuidade a estas obras executadas polo actual Goberno galego para mellorar as infraestruturas do municipio focense.
Dragado da zona portuaria de Foz
Por outra banda, a delegada territorial abordou tamén co alcalde focense outros proxectos de interese para o concello costeiro relacionados con outros departamentos da Xunta. En concreto, Arias tratou co rexedor a demanda para o dragado do porto de Foz.
Na xuntanza indicouse que a partida para este proxecto atópase contemplado dentro das partidas orzamentarias presupostadas polo Executivo galego para o ano 2012. O investimento está recollido dentro da previsión de gastos autonómicos para o vindeiro ano en capítulo de partidas xenéricas non territorializadas.
Esta obra, considerada polo alcalde de grande importancia para o concello de Foz e os seus veciños, contará cunha partida específica, segundo lle indicou Raquel Arias ao rexedor. De feito, os técnicos do Executivo autonómico están a realizar os cálculos axeitados para establecer as contías finais desta dotación, xa que ata o momento o importe desta actuación responsabilidade de Portos de Galicia non aparecía desagregado.
A opción para facer constar esta partida, segundo explicou a delegada territorial, é a súa inclusión a través do trámite de emendas, aínda que se está a estudar a fórmula máis acaída.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



