Nota de prensa
O CONCELLO DE CERVO GARANTE A PRESTACIÓN DOS SERVIZOS SOCIAIS
O rexedor, Alfonso Villares, quixo dar unha mensaxe de tranquilidade á cidadanía diante das criticas dos socialistas asegurando que seguirán prestando os servizos asistenciais e sociais como o veñen facendo ata agora
Cervo 29 de outubro de 2011.- O alcalde de Cervo, o popular Alfonso Villares, respondeu hoxe ás criticas feitas polo PsdeG local sobre a mingua nas aportacións autonómicas en materia de Asuntos Sociais a este municipio.
Villares recoñeceu que esta perda de subvencións non era boa para os intereses dos cidadáns, “pero os tempos son os que son, e a ninguén se lle escapa a realidade económica pola que está pasando este país”, ao tempo que asegurou que o Concello garantirá a prestación destes servizos.
“Diante das criticas feitas polos socialistas, o que quero é dar unha mensaxe de tranquilidade a todos os veciños e confirmarlles que esta rebaixa das aportacións do Plan Concertado non vai supor unha mingua no servizo, se non que continuaremos a prestalo como o vimos facendo ata o de agora” recalcou.
O rexedor mantivo que a pesares desta rebaixa das subvencións, Cervo “debe estar agradecido” á Xunta de Galicia no que atinxe aos servizos asistenciais e sociais. “Hai que recordar que grazas á decisión da actual Consellería de Traballo e Asuntos Sociais, e tamén ás xestións feitas dende Cervo polo anterior equipo de Goberno, imos ter neste municipio un centro de día e residencia; cousa que non aconteceu co anterior goberno bipartito da Xunta a pesares de terlle reclamado esta inversión en reiteradas ocasións” reiterou Villares.
Cervo, en contra da arbitrariedade
O rexedor cervense lembrou que a Xunta se vira obrigada a adoptar esta decisión de xeito semellante en tódolos concellos de Galicia “e polo tanto, a pesares de estar contrariados por isto, non temos que criticarlle ningún tipo de arbitrariedade contra os intereses do noso municipio; algo que non ten acontecido do mesmo xeito noutros casos onde administracións gobernadas por socialistas teñen adoptado medidas unilaterais de xeito arbitrario en contra dos intereses do concello de Cervo” recalcou.
Ao fío disto, Villares lembrou como, hai dous anos, o Goberno Central rebaixara de xeito drástico a súa aportación a este municipio polo cambio unilateral dos valores catastrais dos bens de interese especial que afectan á planta de Alcoa “e por cuxa decisión Cervo deixa de percibir 150.000 euros ao ano” sinalou. Outro dos exemplos de arbitrariedade postos polo rexedor en contra de Cervo foi a decisión da Deputación de sancionar a este concello con 20.000 euros pola presunta mala colocación duns postes do tendido eléctrico. “En ámbolos dous casos estamos a falar de decisións adoptadas por administracións gobernadas por socialistas que curiosamente son aplicadas unicamente a este concello e non a ningún outro. Diante deste tipo de actitudes arbitrarias que van en detrimento dos intereses do noso concello sen causa obxectiva xustificada, si que estamos en contra e si amosamos a nosa oposición por ser decisións claramente discriminatorias contra un concello en particular”.


















A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



