Nota de prensa
“AS PROMEAS DE BLANCO SOBRE O CORREDOR BARREIROS-SAN CIBRAO SON UN INSULTO Á CIDADÍA”, AFIRMA O ALCALDE DE BURELA. GONZÁLEZ BARCIA SUBLIÑOU QUE AS OBRAS DO NOVO EDIFICIO DE CAPITANÍA ESTÁN PARALIZADAS E CONSIDERA QUE A VISITA DE BLANCO A BURELA “É UNHA INUTILIDADE”.
Burela, 29 de outubro de 2011. O alcalde de Burela, o popular José María González Barcia, afirmou que “a visita, no día de hoxe, de José Blanco a Burela e as súas promesas sobre o corredor Barreiros-San Cibrao son unha auténtica inutilidade e un insulto aos cidadáns”.
O rexedor burelés indicou en referencia ao corredor Barreiros-San Cibrao que “as alegacións presentadas polos veciños e polo mesmo Concello de Burela levan tres anos sen resolverse. Agora, tres semanas antes das eleccións, Blanco ven a Burela e di que se resolverán en dìas, e eso ninguén o cre, porque Blanco é un ministro que sae dun goberno, o de Zapatero, que actuou baixo o criterio de non decir nunca a verdade e de enganar aos cidadàns. Por eso agora tampouco resulta creíble.”
O alcalde de Burela sinalou que “menos creíble aínda resulta que diga que vai contratar as obras do corredor Barreiros-San Cibrao a finais de 2012. Tivo anos para facer a adxudicación e agora vennos con semellante ocurrencia que só pode ser entendida porque el é consciente de que non será ministro despois do 20 de novembro”.
Por outra banda, José María González Barcia afirmou que “é significativo o silencio de José Blanco sobre as obras de execución do novo edificio de Capitanía, pactadas durante o anterior mandato municipal do PP, porque están a sufrir un considerable retraso, quedando lonxe o cumprimento dos prazos de execución. Nestes momentos, as obras están prácticamente paralizadas, aínda que tiñan que estar xa rematadas, porque o prazo para realizalas era de dez meses”.
O alcalde burelés rematou indicando que “Blanco nunca dixo a verdade no que a Burela se refire, ocultando as súas intencións reais, e polo tanto non é merecedor da confianza dos bureleses”.


















Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



