Nota de prensa
Considera que o proxecto integral de recursos agroalimentarios, turísticos, culturais e patrimoniais en diferentes territorios pilotos de actuación contribuirá de forma decisiva ao desenvolvemento económico-social do rural galego
O PPDEG PIDE NO PARLAMENTO A CONTINUIDADE DAS RUTAS AGROALIMENTARIAS EN GALICIA MAIS ALÓ DO PECHE DO PROXECTO COMUNITARIO NO 2012
Na actualidade os productos que vertebran estas rutas son os queixos con Denominación de Orixen Protexida: San Simón, Tetilla, Arzúa-Ulloa e Cebreiro, as Indicacións Xeográficas Protexidas da mel e a castaña de Galicia e as aves de corral criadas tradicionalmente como o capón de Vilalba, o galo de Vila de Cruces e a galiña de Mos
Tamén solicita a inclusión nesta rutas doutras zonas xeográficas de Galicia con Indicación Xeográfica Protexida, como a da Faba de Lourenzá
Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2011.- O PPdeG ven de presentar no Parlamento unha iniciativa encamiñada a realizar cantas accións sexan necesarias para apoiar a continuidade das rutas agroalimentarias en Galicia mais aló do peche do proxecto comunitario en marzo do 2012. Estas son itinerarios que se están a desenrolar na nosa Comunidade e que teñen como obxectivo fundamental a creación dun instrumento estable de cooperación público-privada para promover os recursos agroalimentarios, turísticos e patrimoniais dos territorios ou nodos piloto de actuación.
Este proxecto se desenvolve no marco do proxecto Cantata 2 e está financiado polo Programa Operativo de Cooperación Transnacional Espazo Atlántico, iniciándose os traballos a finais do ano 2009 e as actuacións enmarcadas vanse desenvolver ata marzo do 2012. Para a voceira de Montes do PPdeG, Emma Álvarez Chao “trátase dun instrumento co que Galicia pretende contribuír ao desenvolvemento integral do noso medio rural mediante un maior aproveitamento do seu potencial local agroalimentario e turístico e a mellora da competitividade das súas pemes, contribuíndo ao desenvolvemento sostible e á diversificación económica polo que é necesaria a súa continuidade mais alá do 2012”.
A ruta agroalimentaria constitúe un plantexamento turístico entorno as zonas xeográficas definidas previamente que abarcan concellos dunha Denominación de Orixe Protexida ou Indicación Xeográfica Protexida determinada e outros cuxa forma de producción sexa tradicional, “de forma que o turista poda viaxar polo destino dun compoñente da ruta a outro, gozando do noso patrimonio natural, cultural, histórico e gastronómico” indica voceira de Montes do PPdeG.
Na actualidade os productos que vertebran estas rutas son os queixos con Denominación de Orixen Protexida: San Simón, Tetilla, Arzúa-Ulloa e Cebreiro, as Indicacións Xeográficas Protexidas da mel e a castaña de Galicia e as aves de corral criadas tradicionalmente como o capón de Vilalba, o galo de Vila de Cruces e a galiña de Mos.
FABA DE LOURENZÁ
Así mesmo, Emma Alvarez pide na Proposición non de Lei rexistrada recentemente estudiar a inclusión de novas rutas agroalimentarias noutras zonas xeográficas de Galicia con Denominacións de Orixe ou Indicación Xeográfica Protexida e nomeadamente a Mariña Lugesa que abarca a zona de influencia da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá.
A deputada popular considera que este proxecto integral de recursos agroalimentarios, turísticos, culturais e patrimoniais en diferentes territorios pilotos de actuación “contribuirá de forma decisiva ao desenvolvemento económico-social do rural galego”. “E o proxecto, cofinanciado polo FEDER, ten previsto o seu remate o 31 de marzo de 2012 polo que é imprescindible facer todo o posible para que poida seguer recibindo fondos mais aló desas datas máxime tendo en conta a situación actual de crise pola que esta a atravesar o medio rural e a oportunidade que suporía para as empresas e os procesos productivos que teñen lugar no seu seno na nosa Comunidade” segundo Alvarez Chao.

















Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



