Ecoloxistas, comunidades de montes e sindicatos agrarios rexeitan o borrador da Lei de Montes
14 de novembro de 2011. As organizacións ecoloxistas representadas no Consello Forestal, a ORGACCMM e o SLG rexeitamos o borrador da Lei de Montes aprobado na última reunión deste organismo. Trátase dunha norma que nace con moito menos apoio e diálogo que a do bipartito, e que debuxa un panorama de desregulación, especulación e excesivo “madeirismo” para os nosos montes. O borrador da Xunta non é unha lei de carácter integral ao faltar a conexión cos aspectos agrarios, sociais e ambientais. Esquece a participación pública, a custodia do territorio ou a multifundionalidade. Tampouco trata cuestións fundamentais que deberían incorporarse á xestión do monte como a conservación dos hábitats e especies protexidas, a paisaxe, a etnografía, a restauración de terreos queimados, a prevención de pragas e doenzas, etc. En definitiva: menos monte público, máis monocultivos, menos protección contra o lume e iso sí, máis madeira!
ADEGA e a ORGACCMM fixemos 105 achegas ao borrador da lei de montes de Galiza (entre modificacións, eliminacións e novos artigos), no ánimo de mellorar o documento final e que a perspectiva ambiental se tivera en conta nunha norma de vital importancia para o noso rural e en definitiva para toda a sociedade. A través do traballo de sensibilización e de mellora do documento inicial desenvolvido coas Comunidades de Montes, CIG e FRUGA acadouse a admisión e inclusión de 30 achegas (23 completas e 7 de forma parcial). Mais quedaron importantes cuestións sen modificar, polo que, ante esta situación ADEGA pronúnciase en contra do borrador da lei de montes aprobado no consello forestal do pasado 9 de novembro.
Principais eivas no actual borrador da lei de montes.
Un dos problemas de maior importancia aos que o sector do monte se enfronta é a do abandono (da terra, do manexo…). Para resolver esta cuestión, é fundamental que os elementos normativos doten á administración de maior poder de intervención no territorio. A opción escollida polo goberno do PP é precisamente a oposta; rebaixar a capacidade de intervención da administración e deixar nos mercados e na opción individual a especulación da xestión da terra. Esta situación tan só favorece as grandes empresas e as grandes propietarias da terra, ao ter mellor posición nunha situación de pouca transparencia e baixa intervención administrativa.
O borrador presentado pola Xunta de Galiza non é unha lei de carácter integral, a pesar da importancia do monte na vertebración social e territorial do noso país, ao faltar a súa conexión con aspectos agrarios, sociais e ambientais. Non introduce aspectos novidosos na xestión do territorio como son a participación pública, a custodia do territorio, a multifundionalidade, a educación ambiental ou a compra responsable de produtos e servizos do monte. Non aparecen cuestións fundamentais e que deben incorporarse na xestión do monte como son: a cultura, a etnografía, a restauración de terreos queimados, a paisaxe, os vieiros ecolóxicos, os hábitats prioritairos, as especies prioritarias, a prevención de pragas e doenzas…
É unha lei que reduce a intervención pública, deixando en mans privadas e do mercado o cumprimento dos obxectivos principais (desenvolvemento rural, a fixación da poboación no medio rural, a conservación e a xestión forestal sostible) e non define uns obxectivos claros para a xestión pública. Arestora os montes en xestión pública supoñen algo máis do 12% de todo o país, concentrándose maioritariamente nos lugares máis desfavorecidos. Polo tanto, a nova xestión pública pode ser unha ferramenta para loitar conta o abandono do rural e acadar os obxectivos dunha xestión integral do territorio que serva de base para facer unha conservación real e dinámica dos espazos integrados na Rede Natura 2000.
Abre as portas á rebaixa legal dos Montes Veciñais en Man Común ao minimizar a tutela xurídica da administración (que chegaba a equiparalos en outras normas a montes de utilidade pública), e polo tanto darlle máis peso a súa posición de montes privados (permite a compra de terreos por parte das comunidades de montes, o deslinde xa non se asemella aos montes de utilidade pública).
Tampouco hai aposta pola participación pública na planificación (cando é unha obriga legal recollida na lei estatal 27/2006). Neste borrador os PORF (Planos de Ordeamento dos Recursos Forestais), elementos básicos da planificación forestal, non contan con procesos de participación pública.
Un dos aspectos máis graves é que modifica pola porta de atrás a lei de prevención e defensa contra os incendios forestais aprobada no 2007, sen unha base técnica xustificada e baleirándoa de contido na ordenación do territorio (elemento clave para a loita contra o abandono): diminúe as distancias de salvagarda da vexetación sobre vivendas, instalacións e labradío; reduce os anos nos que se limita o aproveitamento nun terreo queimado; elimina o mosaico de parcelas e a prohibición de establecer masas monoespecíficas de máis de 50 hectáreas continuas; abre de novo a posibilidade de forestar terras agrarias; desvía cara os concellos parte das responsabilidades de control… Cun total de 43 modificacións, máis que pequenos “retoques” semella que se pretende variar substancialmente unha lei xa aprobada.
Finalmente este novo borrador normativo, aposta en exclusivo polas SOFOR para a agrupación da xestión forestal, non deixando alternativas legais a outras opcións. Este feito imposibilita a viabilidade para os montes privados do interior do noso país e polo tanto a súa solución no futuro.
ADEGA a prol dun monte sustentábel
Desde ADEGA, ao contrario que o expresado polo conselleiro Juárez (“o medio mural está condeado a desaparecer”) apostamos polo futuro dos nosos montes, que pasa por unha xestión sustentable, integral, activa e participativa. No pasado mes de xuño, ADEFA celebrou conxuntamente coa ORGACCMM unha xornada sobre o monte como oportunidade sustentábel fronte a crise na que chegamos as seguintes conclusións:
-O monte foi, é e será unha fonte de xeración de emprego que fixa poboación no rural e favorece a economía local.
-O monte sustentábel preséntase como oportunidade ante a crise especulativa actual ao fundamentarse no traballo da terra.
-A multifuncionalidade e a diversidade do monte son alternativas reais fronte ao abandono.
-Contamos cun monte activo, vertebrador territorial e social, que contén os elementos necesarios para dar estrutura ao territorio e ao capital humano do noso rural.
-Numerosos proxectos de montes se teñen posto en marcha nos últimos anos, o que nos indica que un monte baseado na terra e contando coa xente é posible.
Polo tanto existe monte vivo e con futuro no noso país!
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



