SAN CIPRIÁN .- A coordinadora de representantes dos traballadores de empresas auxiliares que traballan para Alcoa en Sanb Ciprián acordou facer asembleas informativas nas empresas Bidueiros, Mayco, Noguera Xove, Industrias Xove e Rodabell “nas que se rescinden máis contratos”. Según a coordinadora “parece que nestas empresas o persoal esta sendo presionado para que ceda a cubrir os traballos, con prolongación de xornadas e horas extraordinarias como estaban acostumados, obviando o acordado e ratificado nas asembleas de traballadores”, aseguran.
Nota de Prensa
NOTA DE PRENSA AS EMPRESAS AUXILIARES DE ALCOA PRESIONAN AO PERSOAL PARA FACER HORAS EXTRA. A CAMBIO, DESPIDEN TRABALLADORES
Na reunión de hoxe luns, a Coordinadora de representantes dos/as traballadores/as das empresas auxiliares de ALCOA, tomou o acordo de facer asembleas informativas en algunhas das empresas auxiliares, BIDUEIROS, MAYCO, NOGUERA XOVE, INDUSTRIAS XOVE, e RODABELL. Parece que nestas empresas o persoal esta sendo presionado para que ceda a cubrir os traballos, con prolongación de xornadas e horas extraordinarias como estaban acostumados, obviando o acordado e ratificado nas asembleas de traballadores. É curioso, e significativo, que nestas empresas é nas que se rescinden máis contratos. Amortízanse postos de traballo a conta de horas extra.
O carácter de voluntariedade de realizar horas extraordinarias segue a ser segundo o antollo do empresario. Peor que cando Paquiño nos poñía cara ao sol. Alcoa é, como mínimo, tan culpable como as empresas auxiliares.






















Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



