Nota de prensa:
Lugo é a cuarta provincia de España na que o PP obtén un maior crecemento
Os resultados de Lugo son os segundos mellores da formación nunha convocatoria nacional
Os populares “sácanlle” a PSOE e BNG xuntos case 40.000 votos
Barreiro: “somos conscientes da importante responsabilidade que asumimos tras ser depositarios da confianza maioritaria dos lucenses. Non defraudaremos”
Lugo, a 22 de novembro de 2011.- “Somos conscientes da importante responsabilidade que asumimos tras ser depositarios da confianza maioritaria dos lucenses. Traballaremos a reo para cumprir as expectativa postas en nós”, asegurou hoxe o presidente provincial do Partido Popular durante unha comparecencia ante os medios de comunicación para efectuar unha análise pormenorizada dos resultados acadados polo seu partido nas eleccións xerais.
José Manuel Barreiro agradeceu “a todos e cada un” dos 120.218 lucenses que votaron ó Partido Popular o pasado domingo e asegurou que “a defensa dos intereses desta provincia e de todos os seus cidadáns, votaran ou non ó PP, será o noso compromiso”. Tamén tivo palabras de “recoñecemento” para todos os afiliados, simpatizantes, interventores, apoderados e cargos electos que “colaboraron, coa mesma xenerosidade e adicación de sempre, a que esta provincia sexa hoxe máis azul que nunca”.
Neste senso, calificou de “históricos” os resultados acadados o pasado 20-N, posto que foron os segundos mellores da formación en convocatorias nacionais. Supoñen incrementar en case 12 puntos os resultados de 2008 (é, de feito, a provincia galega que experimentou o maior aumento e a cuarta de España incluíndo a Melilla) e distanciarse en case 30 puntos do PSOE. A diferencia é tan “inmensa”, dixo, que o PP sácalle a PSOE e BNG xuntos preto de 40.000 votos.
Barreiro, quen anunciou que a xunta directiva provincial reunirase o vindeiro xoves para facer balance dos comicios, indicou que Lugo mellora en case catro puntos a media procentual galega, que, á súa vez, supera en preto de oito puntos a media estatal. A provincia de Lugo colócase así, co 56,1% dos votos emitidos, como a segunda de Galicia que obtén mellores resultados (a 0,55 puntos de Ourense); e a undécima de todo Estado e a sexto mellor resultado entre as provincias con máis de 300.000 habitantes.
Por concellos, o presidente provincial dos populares, tras salientar que o PP gañou en 65 dos 67 (“en 61 deles con máis do 50 por cento dos votos”), destacou os “importantes incrementos” que, con respecto a 2008, experimentaron na meirande parte deles, incluidos os dous nos que non é forza maioritaria, Negueira e Pedrafita, e que supoñen o 18,82 e 11,22 por cento respectivamente. Destacou que o resultado de Lugo capital fora “o mellor das sete grandes cidades de Galicia”.
EXTRAPOLACIÓNS
Para José Manuel Barreiro os resultados do 20-N “confirman” a tendencia á alza que o PPdeLugo vén experimentando nos últimos comicios e que “xa quedaron patentes” nas municipais.
Segundo explicou, cos resultados das eleccións xerais “non sería suficiente o matrimonio de conveniencia para privarnos de gobernar a Deputación, nin sequera o Concello de Lugo”. Así, cos datos do 20-N, o PP acadaría 18 deputados provinciais; subiría, de feito, un deputado por cada circunscripción.




















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



