SEMPRE MONDOÑEDO
O pasado día 17 do actual tivemos a gozosa oportunidade de asistir en Mondoñedo ó acto co que remataban as celebracións que ó longo do ano tiveron por marco distintas vilas e cidades de Galicia, co gallo de cumprirse os cen anos do nacemento do eximio escritor, o mais ilustre fillo da cidade episcopal: Alvaro Cunqueiro.
Os mindoniense, unha vez mais, deron a talla amosando ós centos de asistentes o que é o seu tradicional talante, o talento, o enxeño e as dotes para canto ten que ver coa cultura, expresada, sobre todo, a través da arte de Talía, de grande vistosidade, e a música vocal ou instrumental, facetas que foron prodígadas ó longo da noite.
Unha singular “Noite de Merlín”, que tivo como motivo central a representación .en cuxa montaxe participaron uns 200 veciños, de tódalas idades, baixo guión de Elías Noel Fdez. Ferreira e a colaboración da Escola de Música, dirixida por Xan Carballal; Paco Piñeiro e persoal técnico dos grupos dos que é creador e director e Isidoro Rodriguez, e Mita Aduano, avezados creadores e directores de espectáculos de música e danza, que na obra concebida para a ocasión, fixeron de relator e primeira bailarina. A imaxinación e a fantasía, que non podían faltar na homenaxe ó gran fabulador, mantiveron a cotío o expectante interese dun público entusiasta e moi numeroso que vivíu a experiencia inesquecible dunha noite lúdica nun entorno inigualable: as rúas mindonienses que gardan entre as vellas pedras, labradas por históricos artesáns; as ancestrais melodías dos seus músicos insignes e os versos dos poetas do seu nutrido parnaso, todo o feitizo e o engado da vella e romántica cidade. Non é doado, noutro lugar, disfrutar de tanta beleza.
Os colectivos locais “Xoldra”, ”Pasatempo”, “Pena do Unto”e o numeroso público marcharon, dende a praza da catedral, ata o auditorio, con breve alto na praza do concello para, dende o balcón do mesmo, o gobernador das Terras de Miranda, interpretado polo alcalde de Mondoñedo, dirixirse a tódalas xentes da súa xurisdición implorando a volta da maxia e da luz á cidade e á sua bisbarra, ceibando a cada intre, naquel ambiente ledo e festivo, o berro reivindicativo:
“¡ Queremos luz!”.
Pola mañán tivera lugar unha Táboa Redonda coa participación de Armando Requeixo, profesor ; Antonio Reigosa, escritor, presentados e moderados por Fran Bouso, mestre. Foi rendida alí homenaxe ó carismático “Merlín” que personifica Manolo Montero que coa súa presencia polas rúas contribue moi eficazmente a popularizar o mítico personaxe cunqueirano e con él o nome da cidade. .O profesor, escritor, poeta e director de teatro Francisco Piñeiro presentou unha brillante moción sobor do teatro na obra de Cunqueiro que leo a súa dona Paz, coa galanura e a sensibilidade da grande actriz que é, pois Paco non puido redondear coa súa presencia o importante traballo realizado na montaxe de tan exitoso evento: aquel día tivo que cumplir ca triste obriga de dar sepultura ó seu pai.Vaia novamente para o querido e admirado amigo a expresión do noso sentimento.
Cabe destacar o esforzo titánico de quen foron os inspiradores do esplendoroso evento : Luis Fdez. Ansedes e compañeiros da asociación Abrindo Camiño. E en todo caso a exemplar actitude dos mindonienses que deron unha lección de bó facer. ¡ sempre Mondoñedo!
Suso Fernández





















O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



