Nota e prensa
Besteiro e Basadre entregan un CD gravado pola Fundación TIC ós 33 grupos musicais participantes en “Xoves con Arte”
– O traballo discográfico, que recolle unha peza de cada agrupación, foi financiado pola TIC e elaborado nos estudos do produtor lucense Arturo Vaqueiro coa colaboración de técnicos e bolseiros da Fundación dependente da Deputación
– Os grupos, de estilos musicais moi variados, terán a oportunidade de ofrecer actuacións na rúa todos os xoves, despois do Nadal, para presentar as súas creacións e poñer á venda os CDs. Para elo, contarán co apoio técnico e audiovisual da Fundación TIC
O Presidente da Fundación TIC e da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e a Concelleira de Xuventude lucense, Carmen Basadre, fixeron entrega este venres no salón de actos do Pazo de San Marcos dun álbum musical ós 33 grupos participantes do programa “Xoves con Arte”, que ten por obxectivo impulsar as novas bandas musicais da cidade ou que dispoñen de poucos recursos para promocionar os seus traballos. Está previsto que tralo acto de entrega as agrupacións musicais ofrezan un concerto no que toquen varias pezas do traballo discográfico, mesturando estilos pop, rock e música galega.
Os máximos responsables da Fundación TIC e do Concello ofreceron ós mozos artistas o seu apoio para darlle continuidade a estes espectáculos co obxectivo de dar a coñecer ó público lucense a súa música e de paso ter un punto de venda onde se poida mercar o disco. De aceptar, as actuacións desenvolveríanse todos os xoves, unha vez pasadas as vacacións de Nadal, nas prazas máis emblemáticas da cidade de Lugo. Ademais, para este cometido contarán coa colaboración da Fundación TIC, que prestará o material técnico e audiovisual necesario e de última xeración para facer posible que a música dos artistas soe coa mellor calidade e poidan ofrecer unha excelente posta en escena. Neste senso, bolseiros e alumnos da Escola de Imaxe e Son gravarán os concertos para a súa difusión e poñer en práctica os coñecementos adquiridos no único centro da provincia que imparte ensinanzas no eido audiovisual, ademais de servirlles como experiencia real que facilite o seu futuro laboral, primordial obxectivo da Fundación TIC.
Álbum de calidade
O disco “Xoves con Arte” está composto por dous CDs que recollen un total de 33 temas de diversos estilos musicais. A Fundación TIC financiou o traballo, gravado e editado coa axuda de técnicos e bolseiros da Fundación TIC nos estudos profesionais de “Abrigueiro”, baixo a dirección do produtor e compositor Arturo Vaquero, aspirante a un Goya no 2010 á mellor canción orixinal polo filme “Agallas”.
Os grupos lucenses que protagonizan o álbum son os seguintes: Alberto Busto, Blö, Brea Sound System, Bristol, David Taboado & ASOC, High Sky, Mentirosos, Mullet, Zinc So!, Aro Arrhythmia, Atup-Lekar, Janie’s Gun, Lastway, Meskalina, Moondogs Blues Party, Pants off. Psicodelepsia, Ripper Ground, Sally the Aracnophobic, Shattered Mirror, Xenro, Airiños de Orbazai, Andaina, Arrincadeira Folk, Batital, Caivanca, Pastillas Mamut, S3, Safari Orquestra, Telémaco e Zrutablism.
Apoio ós artistas da provincia
Esta non é a primeira ocasión que a Fundación TIC presta a súa colaboración cos músicos da provincia de Lugo. Proba delo foi a gravación de varios vídeos musicais como “Torres de Compostela”, da eurovisiva Lucía Pérez, que contribuíu á promoción da provincia de Lugo, ou “La búsqueda” e “New conclusions”, dos grupos ribadenses “Escala Dinker” e “Sun Face”, ademais do grupo do Incio “Arandela”, de música tradicional, entre outros. Tamén prestou apoio en varios festivais de música como o “Resurrection Fest 2011” e “Hardcore Assault! de Viveiro ou o da Canción do Landro, tamén no municipio vivariense, que se celebrou este verán e que a TIC gravou para difundir en “V Televisión” e na segunda canle da TVG.
























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



