Nota de prensa:
Un ano máis os diferentes combinados das Seleccións A Mariña de Fútbol Sala xa escolleron aos rapaces que defenderán as cores da nosa comarca na fase de clasificación para a Fase Final do Campionato Galego de Seleccións Locais que se disputará na localidade de Lalin o vindeiro 29 de Xaneiro.
A selección benxamín, dirixida polo laurentino Brenan Rivas Terrón e de segundo adestrador Emilio Rosanes González estará formada polos seguintes xogadores:
NOME EQUIPO
Jose Otero AD Santiago de Foz
Victor Pérez AD Santiago de Foz
Anxo Balea AD Santiago de Foz
Adrián Rodriguez Praia de Covas
Juan López Praia de Covas
Diego Fdez. Praia de Covas
Hugo Seijas Praia de Covas
Hugo Rodriguez ED Lourenzá
Pol Bassa Burela FS
Noel Díaz Burela FS
David Méndez Burela FS
Joao Victor Burela FS
Juan Lestegás O Pilar
Pola súa parte a selección alevín, dirixida polo focense Francisco Vázquez Beltrán e de segundo adestrador Carlos Méndez Pena estará composta polos seguintes xogadores:
NOME EQUIPO
Jorge Insúa Praia de Covas
David Iravedra Praia de Covas
Xavier Goás Cidade de Viveiro
Luis Santamarina ED Lourenzá
Manuel Santamarina ED Lourenzá
Paulo González ED Lourenzá
Néstor Valle Burela FS
Álex Esquerdeiro Burela FS
Luca Eijo Burela FS
Álvaro Burela FS
Luismi Nieto Burela FS
Alberto Quelle Burela FS
Rubén Castro ED Valadouro
Fran Fiallega ED Pontenova
Polo que respecta á selección infantil, dirixida por Christian Gómez Fustes e con Mario Pillado Mon como segundo adestrador está formada polos seguintes xogadores:
NOME EQUIPO
Daniel López Burela FS
Álex García Burela FS
Pablo Casas Burela FS
Mamadou Diouf Burela FS
Manuel Vázquez ED Lourenzá
Xosé Moreda ED Lourenzá
Antón Moreda ED Lourenzá
Gonzalo Fraga ED Lourenzá
Asier Burundarena ED Lourenzá
Aaron Blanco ACD Xove
Fran Rolle Cidade de Viveiro
Noé Cabana Cidade de Viveiro
Finalmente a selección cadete, dirixida polo viveiriense Emilio González Escourido e con Alejandro Rego Romero como segundo adestrador está formada polos seguintes xogadores:
NOME EQUIPO
Yoshi Rosanes Celeiro Flanagans F.S.
Isaac Losada Burela FS
Renato Lopes Burela FS
Jardel Barbosa Burela FS
Cristian García Burela FS
Borja Blanco Burela FS
Adrián Riveiro Burela FS
Rubén Fdez. ED Barreiros
Cristian García Celeiro Flanagans F.S.
Diego López Colexio O Pilar
Giovani Pereira Colexio O Pilar
Jose Hermida ED Alfoz



















A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
