EN RESPOSTA AO BNG, EDUCACIÓN NON DOTARÁ DE MÁIS PROFESORADO O CEIP DE COVAS (VIVEIRO)
O deputado do BNG, Manuel Parga salientou as “necesidades educativas especiais” do centro e a falta de profesorado por mor dos recortes que están a mermar gravemente a calidade do ensino público
Santiago de Compostela, 27 de decembro, 2011. O deputado do BNG, Manuel Parga Núñez formulou hoxe unha pregunta ao Goberno en comisión sobre a insuficiencia na dotación de profesorado do Colexio de Educación Infantil e Primaria de Covas no concello de Viveiro.
Na súa intervención, Parga denunciou que os recortes en Educación están a supor neste centro “menor atención ao alumnado” con necesidades educativas especiais e o CEIP de Covas está a padecer gravemente as consecuencias dos axustes orzamentarios.
Parga explicou que as nais e pais do centro denunciaron nas últimas semanas as “graves carencias” de profesorado para atender a máis de 200 alumnos do CEIP de Covas e pediron reiteradamente ante a consellería de Educación respostas as súas demandas.
O parlamentario do BNG lamentou a resposta do responsable de Educación que afirmou non dotar de máis profesorado o centro por “superar o número de mestres do catalogo”.
Diversidade cultural
O deputado referiuse a este centro de ensino como “un claro exemplo” da escola pública no sentido, afirmou, dun lugar de convivencia con alumnado de diversas características, “inmigrantes e minorías étnicas” que comparten xogos, vivencias, formación e coñecementos e que unha gran parte precisa de medidas educativas especiais.
Parga Núñez avogou por conservar este modelo de diversidade fronte ao sistema de ensino privado que discrimina ao alumnado por razóns de sexo,crenzas relixiosas ou procedencia.
Un centro, dixo, con alumnos con dificultades de aprendizaxe con desfase curricular pola súa tardía incorporación ao sistema educativo español fundamentalmente, en competencia lingüística e alumnos con necesidades educativas especiais polas súas propias situacións persoais.
Falta de profesorado
Na actualidade, dixo, hai 3 mestres especialistas a tempo incompleto por completo por compartir 46 alumnos do centro con outros centros educativos o que provoca que parte deste alumnado reciba apoio de persoal docente sen a preceptiva especialidade e os que precisan apoio individualizado compartan a mesma franxa horaria con alumnos diferentes.
A maiores, engadiu, hai profesorado no centro que ostentan cargos nas equipas directivas e deben ser substituídos por profesorado non especialistas en educación infantil.
Parga considerou que esta situación fai necesaria a permanencia completa do profesorado no centro que o profesorado e reforzar cun/ha docente de educación infantil coa especialización de pedagoxía terapéutica para cubrir a aquelas mestras con dedicación a labores directivos así como a creación dunha praza para o vindeiro curso en linguaxe sen compartila con outros centros.
O deputado do BNG lamentou a resposta do responsable de educación e reclamou un esforzo para o ensino público que, na súa opinión- está a ser prexudicado gravemente, mentres o ensino privado segue a ser privilexiado a través de subvencións e partidas económicas.


















Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



