A Deputación remata o ano aforrando 27 millóns de euros aos Concellos coa adxudicación de obra pública
– Foron 930 actuacións executadas en todos os municipios lucenses a través de distintas iniciativas nas que non se inclúen: a rede de residencias, parques de bombeiros, plans de conservación da rede viaria provincial nin fondos europeos
– Martínez avanza que, a principios de ano, porá a disposición da Xunta o proxecto da residencia con centro de día de Becerreá e os terreos “que considere idóneos” para executalo, como se comprometeu a facer en 2009
– O voceiro socialista anuncia que a semana do 9 ó 15 de xaneiro convocarase unha reunión extraordinaria da Xunta de Portavoces para modificar o regulamento de Honores e retirar os títulos a Franco, a Falangue e a Pilar Primo de Rivera
O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, fixo balance este vernes da obra pública que adxudicou a Deputación nos Concellos da provincia ó longo de 2011. Martínez salientou que a institución contratou preto de 930 actuacións nas que investiu 27 millóns de euros, aforrando este custe ás arcas municipais. “Isto supuxo unha importante inxección de cartos nas entidades locais, a mellora de servizos ós veciños, así como o mantemento de centos de postos de traballo na provincia. Isto é exemplo, tal e como defende o Presidente, da austeridade enriquecedora que debemos aplicar as administracións en contra da empobrecedora da Xunta. É dicir, temos que saber onde podemos aforrar e ter moi claro o que debemos manter. Ademais, este orzamento non inclúe o esforzo inversor que realizamos, a maiores, a través da rede de residencias, os parques de bombeiros, os plans de conservación da rede viaria provincial ou os proxectos financiados con fondos europeos”, aclarou.
As 930 obras, que foron executadas nos 67 Concellos da provincia, leváronse a cabo este ano co Plan Extraordinario de Obra Pública, POS, Canon ou mediante convenios asinados directamente cos municipios, dentro da aposta pola máxima cooperación cos Concellos. Estas consistiron na dotación de servizos municipais básicos (traídas de auga ou alumeados públicos), na construción de novas instalacións culturais, deportivas e educativas ou na mellora de infraestruturas viarias. Son exemplo delo son: as construcións da piscina municipal de Sarria (1,7 millóns de euros), do campo de fútbol de herba artificial en Foz (500.000 euros), a Ponte de Arante en Ribadeo (216.000 euros), do módulo cuberto de atletismo en Lugo (1,2 millóns de euros), do Auditorio municipal de Chantada (922.000 euros), da nova sede da UNE (1,2 millóns de euros); os acondicionamentos de Neves, Xian e Taboada (153.000 euros); as melloras de accesos, dotacións de abastecemento de auga e saneamentos en núcleos rurais de Quiroga (160.000 euros); o arranxo dos accesos a Cabanas na Fonsagrada (91.000 euros); a mellora do alumeado público en varias rúas de Burela (360.000 euros); a reforma do residencia da terceira idade de Monforte (345.000 euros); a mellora da estrada de Marco de Álvare ás Rodrigas en Riotorto (máis de 1 millón de euros); a ampliación da Casa do Concello de Ribas do Sil (234.000 euros); ou o acondicionamento da estrada de Baralla por Becerreá, Baleira, Navia ata A Fonsagrada (532.000 euros), entre outras.
Precisamente, hoxe a Xunta de Goberno, a última desta ano, adxudicou a derradeira obra de 2011. Trátase da construción dun novo depósito de auga para a ampliación da rede de abastecemento na localidade de Riquián, en Viveiro, por un valor total de 62.000 euros, procedentes do convenio do Plan Extraordinario de Obra Pública.
Residencia de Becerreá
A Xunta de Goberno aprobou ademais, adiantar ó Concello de Becerreá ós 84.370 euros do convenio do Plan Extraordinario de Obra Pública para a redación do proxecto de construción da residencia con centro de día neste municipio debido a que, nas vindeiras semana, estará finalizado e hai que proceder o seu pago. Isto conlevará, segundo explicou o tamén Alcalde de dito Concello da Montaña luguesa que, a principios de ano, o proxecto poñerase a disposición da Xunta para que o execute, tal e como se comprometeu a facer o propio Presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, nun acto público pouco antes dos comicios de 2009. Pola súa banda, engadiu Martínez, “o Concello de Becerreá non só lle vai a dar á Xunta os terreos necesarios, senón que ademais, se considera que é o sitio idóneo, demolerá a antiga escola-fogar, o que supón a este municipio outros 100.000 euros. É dicir, a única desculpa que ten o Executivo autonómico é que nin Feijóo, nin Barreiro nin o portavoz do PP en Becerreá teñen a voluntade política malia que aseguraron en varias ocasións que esta residencia ía ir para diante. Ademais, contan cos 2,7 millóns de euros que aforraron ó non asumir a construción da residencia da Fonsagrada”.
A única nos Ancares
A residencia de Becerreá sería a única existente na Comarca dos Ancares, unha das zonas que máis está a padecer a sangría demográfica. Segundo o Instituto Nacional de Estatística, en 2021, os maiores de 65 anos cuadriplicarán ós menores de 20 anos nesta zona. O proxecto, que está a realizar o arquitecto lucense Santiago Catalán, sitúa nunha superficie de máis de 4.000 metros cadrados, esta infraestrutura con capacidade para 100 persoas na residencia. Para elo, incluirá 20 habitación individuais, 40 dobres, así como servizos de atención diúrna, manutención, socio-sanitaria, ademais de salas de rehabilitación, terapia ocupacional, enfermería, consulta médica…O centro de día terá capacidade para 30 persoas.
Títulos a Franco
O voceiro provincial socialista adiantou que a semana do 9 ó 15 de xaneiro convocarase unha reunión extraordinaria da Xunta de Portavoces para abordar a modificación do Regulamento de Honores e Distincións da Deputación co fin de aprobar a retirada de títulos honoríficos da provincia a Franco, á Falange e a Pilar Primo de Rivera. Martínez destacou que isto é “a voluntade do equipo de Goberno provincial”, frustrada polo Partido Popular ó non contar co seu apoio tal e como quedou patente no último Pleno provincial. Por este motivo, Franco mantén o título de Presidente de Honra da institución e a Medalla de Ouro, distincións que lle foron concedidas en 1944 e 1958, respectivamente. Tamén a Sección Feminina e ó fronte de Xuventudes da Falange, así como a Pilar Primo de Rivera, conservan as Medallas de Ouro



















O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.



