Nota de prensa
O PP lamenta a falla de traballo do anterior rexedor no asunto do corredor Barreiros-San Cibrao.
• Os populares afirman que non houbo ningunha xestión ó respecto.
• Din que o Ministerio de Fomento de Blanco aprobou o trazado definitivo pero non contestou ás alegacións.
Burela, a 2 de xaneiro de 2012.- O Partido Popular de Burela lamentou hoxe, a través dunha nota de prensa, a máis absoluta e penosa falla de traballo do anterior máximo rexedor municipal no asunto do corredor Barreiros-San Cibrao, xa que, afirman, o Ministerio de Fomento de José Blanco aprobou o trazado definitivo desa vía de comunicación o pasado 25 de novembro, e publicouna no Boletín Oficial do Estado o pasado 13 de decembro, pero non tivo en conta as alegacións presentadas desde Burela, nin tan siquera as do concello, alomenos parcialmente.
Os populares van máis aló, e aseguran que o Ministerio de Fomento de Blanco non contestou ás alegacións. De feito, os populares din que no concello non hai ningunha resposta, e tampouco chegou comunicación algunha ó propio PP, que tamén pesentara alegacións.
Para o PP de Burela, todo esto demostra que o anterior alcalde non fixo nada de nada, unha vez máis na súa liña. Afirmou que habería entrevistas co ministro Blanco, pero Blanco veu a Burela rirse de nós, e mesmo os socialistas acusaron de maleducados ós que tentaron falar co ministro. Afirmou que se falaría coa Demarcación de Estradas da Coruña, e alí ainda están agardando a visita… En definitiva, en dous anos e medio non fixo nada e agora temos un trazado definitivo que non é o que se quería para Burela.
O PP pídelle ó Goberno Municipal que, dado que o trazado xa é definitivo, busque fórmulas para tentar rentabilizalo da mellor maneira posible.



















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



