Nota de prensa
A Comisión Galega de Protección Civil da o visto bó ao Plan de emerxencia exterior do depósito de lodos vermellos de Alcoa
Tamén informou favorablemente do Plan de Emerxencias Exterior da presa de Eiras, nos concellos de Fornelos de Montes e Pontecaldelas, e homologou o Plan de Actuación por rotura da presa de Touro
Santiago, 31 de xaneiro de 2012.- O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, presidiu hoxe a reunión da Comisión Galega de Protección Civil, na que se deu o visto bó ao Plan de Emerxencia Exterior (PEE) do deposito de lodos vermellos de Alcoa, na localidade lucense de Xove.
O deposito de lodos vermellos de Alcoa serve de almacén dos residuos sólidos xerados polo proceso de produción da fábrica a partir da bauxita. O Plan contempla tres hipóteses de rotura e as medidas de protección á poboación.
A Comisión Galega de Protección Civil tamén informou favorablemente do Plan de Emerxencia da presa de Eiras, nos concellos de Fornelos de Montes e Pontecaldelas, na provincia de Pontevedra, que pauta as estratexias de intervención en casos que poidan implicar riscos de rotura ou de avaría grave, determinando a organización e medios axeitados, así coma os sistemas de aviso.
O embalse de Eiras abastece aos concellos de Vigo, Redondela, Cangas do Morrazo, Moaña, Nigrán, Porriño, Mos, Gondomar, Baiona, Salceda de Caselas e Soutomaior, ten unha capacidade de 22,17 hectómetros cúbicos e ocupa unha superficie de 148,65 hectáreas.
Na reunión tamén se homologou o Plan de Actuación Municipal por rotura de presas do concello de Touro, que afecta ás presas de Brandariz e Portodemouros. Este concello está afectado, en caso de hipotética ruptura da presa de Touro e augas arriba as presas de Brandariz e Portodemouros.
Os PEE son elaborados pola Xunta de Galicia e teñen como obxectivo determinar os posibles riscos destas instalacións industriais e ter preparada a resposta adecuada para minimizar as consecuencias en caso de producirse un accidente. Unha vez informados pola Comisión Galega de Protección Civil, terán que ser homologados pola Comisión Nacional de Protección Civil, e ser aprobados posteriormente polo Consello da Xunta.
Os plans de emerxencia exterior son instrumentos que prevén todos os posibles riscos das instalacións industriais que superan un determinado nivel de substancias perigosas, de acordo co establecido nas directivas europeas (directiva SEVESO) e na normativa española.
Así mesmo, establece medidas de actuación ante estes riscos, que involucran á propia empresa, aos medios de emerxencias das distintas administracións e á cidadanía que poida resultar afectada. Ademais, debe coordinarse cos plans de actuación municipal e cos plans de emerxencia interior que teñen as propias empresas.






















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz



