NOTA DE PRENSA
XXIIIª TIRADA DE BOLOS – XIIª SUB 16 – IIIª LIGA FEMININA
(TEMPORADA 2011/2012)
Organiza: Concellería de Cultura do Concello de Xove
Colaboran: IES Illa de Sarón de Xove
INCIDENCIAS DA 12ª TIRADA
(CLUB DE PALMEIRO – Sábado, 28 xaneiro de 2011)
| CAMPEONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE MONTE (28 XANEIRO 2012 ) 34 INSCRITOS: 22 NA LIGA SENIOR, 5 NA LIGA SUB 16 E 7 NA LIGA FEMININA | |||
| CLASIFICACION | NOME | TANTOS | PUNTOS |
| LIGA SENIOR | |||
| PRIMEIRO | SÓCRATES CAMPO SUÁREZ | 219 | 12 |
| SEGUNDO | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ | 213 | 10 |
| TERCEIRO | JOSE VIGO LAGE | 205 | 8 |
| CUARTO | OMAR CABRERA MACÍAS | 196 | 7 |
| QUINTO | AUGUSTO ALBO OCAMPO | 192 | 6 |
| SEXTO | FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ | 191 | 5 |
| SÉTIMO | ANDRÉS RODRÍGUEZ RAMOS | 181 | 4 |
| OITAVO | GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ | 179 | 3 |
| NOVENO | MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA | 176 | 2 |
| DÉCIMO | CÉSAR CANCELOS LÓPEZ | 169 | 1 |
| MELLOR BOLADA | OMAR CABRERA MACÍAS | 88 | 1 |
| LIGA SUB 16 | |||
| PRMEIRO | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 115 | 6 |
| SEGUNDO | ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ | 111 | 4 |
| TERCEIRO | DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ | 72 | 3 |
| CUARTO | LARA RODRÍGUEZ BAÑO | 55 | 2 |
| QUINTO | RAQUEL COCIÑA PIÑEIRO | 36 | 1 |
| MELLOR BOLADA | ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ | 46 | 1 |
| LIGA FEMININA | |||
| PRMEIRO | BELÉN MEITÍN ROUCO | 99 | 6 |
| SEGUNDO | CARMEN ROCA CORRAL | 90 | 4 |
| TERCEIRO | CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ | 89 | 3 |
| CUARTO | DOLORES BAÑO FRAGA | 77 | 2 |
| QUINTO | LEONOR CASABELLA RORÍGUEZ | 61 | 1 |
| MELLOR BOLADA | CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ | 46 | 1 |
Liga Senior Masculina.- Primeira victoria de Sócrates Campo, quen por certo está a realizar unha tempada moi regular, xa que puntuou en 8 das 12 tiradas celebradas ata o momento. Trátase dun xogador xove, xa cunha certa experencia neste deporte, que este ano está tomando con máis intensidade a súa participación. Gracias aos 12 puntos desta tirada pasa do 6º ao 4º posto na xeral. Tamén hai un cambio na terna de cabeza, xa que os 10 puntos sumados por José Rafael nesta tirada permítenlle acceder á segunda posición, relegando a Francisco Pérez á terceira.
Os 27 puntos que Arturo Vigo lle leva ao segundo clasificado parecen insalvables, xa que faltan 6 tiradas, e dudamos que Arturo falle tanto coma para deixarse arrebatar esa posición de privilexio; pero bueno, neste deporte todo é posible, e recordamos cómo Arturo perdeu a Liga pasada na última tirada, polo cal non debe descuidarse. Así e todo, o máis normal é que a pelexa nas 6 tiradas que faltan sexa polo segundo e terceiro postos. Do 2º posto (José Rafael con 64 puntos) ao 8º (Ginés Rodríguez con 40) hai 24 puntos de diferencia, o que é o mesmo, dúas victorias, dahí que a pelexa por eses dous postos de podium vai ser moi forte nas tiradas que quedan, estando moitos xogadores implicados e con posibilidades.
Liga Senior Feminina.- Aquí Carmen Roca sigue cómo líder, pero ten moi perto as súas duas inmediatas perseguidoras, xa que Belén Meitín con 47 puntos e Dolores Baño con 45 están a só dous e 4 puntos respectivamente. Por xogo e por trayectoria, nesta categoría está moi claro que van a ser estas tres xogadoras as que pelexen polos tres primeiros postos finais. Das tres, Carmen Roca e Dolores Baño xa foron campionas en edicións anteriores, polo que quizais a que máis urgencia e presión teña ao final sexa Belén Meitín, que inda non ten ningún entorchado final.
Liga Sub 16.- O mesmo que na Liga Feminina, nesta categoría o podium é cousa de tres, concretamente Salomé Cardoso, Daniel López e Isaias Cardoso. A líder sigue moi forte, tanto que nas últimas cinco tiradas celebradas conseguiu catro victorias e un segundo posto, dahí que xa manteña un excelente colchón de 11 puntos sobre o seu inmediato seguidor Daniel López, e 12 sobre o seu irmán Isaias. A vixente campiona está claro que non se vai deixar intimidar, mantendo un nivel de xogo que lle permita renovar o título. Segundo as normas que na actualidade rexen este campionato, esta sería a última tempada de Salomé nesta categoría, xa que na vindeira xa tería cumpridos os 16 anos. Isto mesmo, lóxicamente, é aplicable ao seu irmán mellizo Isaias. O caso de Daniel é distinto, xa que na vindeira tempada inda estaría incluido nesta Liga.
A vindeira tirada terémola o SÁBADO 4 DE FEBREIRO NO CAMPO MUNICIPAL DE FÚTBOL DE XOVE





















Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
