Nota de prensa
FERNANDO SUÁREZ DIRÍXESE AO MINISTERIO DE FOMENTO EN DEMANDA DE INFORMACIÓN SOBRE O ACCESO Á CIRCUNVALACIÓN DESDE AS PARROQUIAS DO INTERIOR. O REXEDOR LEMBROU QUE O PROXECTO SE INICIOU E QUE DESPOIS SE ANULOU DE XEITO INSENSATO E INSISTE EN QUE MOITOS VECIÑOS SEGUEN A RECIBIR REQUERIMENTOS SOLICITÁNDOLLES QUE DEVOLVAN O QUE PERCIBIRON EN CONCEPTO DE EXPROPIACIÓNS.
Ribadeo, 1 de febreiro de 2012. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, ven de dirixirse ao Ministerio de Fomento diante da súa falla de resposta á petición de suspensión do procedemento de desafectación sobre os bens e dereitos afectados pola construcción do acceso á circunvalación ribadense desde as parroquias do interior. O rexedor solicita unha vez máis que se paralice o proceso polo que se lles está a pedir aos veciños afectados polas expropiacións realizadas no seu día a devolución dos cartos recibidos.
Suárez Barcia sinalou que “hai unha circunstancia controvertida en Ribadeo coa falla de contestación por parte do Ministerio de Fomento a este acordo, que os portavoces municipais lle fixemos chegar hai uns meses antes do cambio de goberno, sobre a circunvalación e este acceso previsto e que de maneira insensata e sen moita xustificación o propio ministerio decidiu anular. O goberno do Estado iniciaba despois un procedemento de reversión dos bens expropiados a moitos dos particulares demándandolles a devolución do diñeiro que inicialmente lles entregaron por esta operación”.
O rexedor dixo que “desde o Concello sempre vimos esta actuación como inédita en todo Estado. Ese acceso, non sendo a mellor solución posible, era unha saída razonable para que o tráfico das parroquias do interior puidera acceder á circunvalación a través da propia resolución plantexada no seu momento o Ministerio de Fomento. Naquel momento non se fixo e segue sen facerse e a día de hoxe Fomento aínda non nos contestou”. E engadiu que “agora veño de dirixirme á ministra Ana Pastor, cos mesmos argumentos e co mesmo escrito asinado hai uns meses polos portavoces municipais, para que se manteña a suspensión deste procedemento de desafectación dos bens e dereitos desta expropiación e que se paralice o trámite de requerimento aos veciños afectados para a devolución dos importes recibidos como depósitos previos en tanto non se resolva o asunto principal”.
Fernando Suárez lembrou que “o asunto principal é que se chegue a facer ese acceso á circunvalación por parte de quen corresponde que é o Ministerio de Fomento. Non ten sentido que inicien a devolución de algo que inicialmente expropiaron para que dentro dun tempo se inicie novamente a súa expropiación. Parécenos de xustiza e de razón que o Ministerio de Fomento lle conteste a esta petición que unánimemente lle estamos a facer desde Concello todos os grupos da Corporación Municipal. Agora o goberno do Estado cambiou, hai novos ministros e novos técnicos, pero o problema de Ribadeo segue enriba da mesa e ademáis Facenda estálles a pedir a moitos destes expropiados que devolvan cantidades que o propio Estado lles expropiou e lles anticipou o pago”.





















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



