Nota de prensa
O Colectivo Cultural Ollomao de Barreiros presenta a segunda edición do certame fotográfico Enfocando Barreiros.
Vencellada a esta actividade convocan ás persoas aficionadas á natureza e á fotografía a un roteiro polo carón do Río Masma o sábado 4 de febreiro, a partir das 10 da mañá.
O Colectivo Cultural Ollomao organiza a II Edición do Certame Fotográfico Enfocando Barreiros, co tema: Os ríos no obxectivo. Esta actividade encóntrase vencellada á defensa e posta en valor do Río Masma, liña de traballo que o Colectivo elixiu para o ano 2012, co fin de revalorizar a riqueza natural e importancia industrial e económica que supuxo para Barreiros o paso deste río polo concello.
Neste certame poderán participar, ata o 18 de marzo, todas/os as/os fotógrafas/os profesionais e aficionadas/os que o desexen. As fotografías presentadas ao concurso deberán levar por tema calquera dos ríos do Concello de Barreiros e elementos patrimoniais relacionados cos mesmos, en calquera das súas manifestacións. Nesta edición inclúese como novidade unha modalidade de participación infantil para participantes de ata 14 anos. As bases do concurso poden consultarse no blog: http://www.blogoteca.com/ollomao/
O Colectivo barreirense organizará tamén ao longo deste ano distintos roteiros por lugares de interese do concello, coa fin de servir de punto de encontro para todas aquelas persoas que gusten da fotografía e da natureza. Con estas xornadas, o Colectivo Cultural Ollomao pretende poñer en valor o patrimonio natural do concello, á vez que ofrecer aos afeccionado á fotografía unha oportunidade para intercambiar os seus coñecementos sobre esta expresión artística. De acordo á liña de traballo deste ano, o primeiro roteiro terá lugar polos arredores do Río Masma, o sábado 4 de febreiro. O punto de encontro está sinalado ás 10 da mañá no Bar Lozano, en Celeiro de Mariñaos, para dar saída ao percorrido.
Todas/os as/os interesadas/os en participar nestas e outras actividades do Colectivo poderán solicitar máis información no enderezo electrónico: colectivo.cultural.ollomao@gmail.com ou a través do Facebook, no perfil http://www.facebook.com/colectivoculturalollomao .
BASES DO II CONCURSO FOTOGRÁFICO
ENFOCANDO BARREIROS: OS RÍOS NO OBXECTIVO
O Colectivo Cultural Ollomao convoca a segunda edición do Certame fotográfico Enfocando Barreiros co tema ‘Os ríos no obxectivo’.
1. As fotografías presentadas ao concurso deberán levar por tema calquera dos ríos do Concello de Barreiros e/ou elementos patrimoniais relacionados cos mesmos, en calquera das súas manifestacións.
2. Poderán participar todas/os as/os fotógrafas/os profesionais e aficionadas/os que o desexen, tanto de Barreiros como de outros concellos, agás as/os membros da Xunta Directiva do Colectivo Cultural Ollomao.
3. Establécese a categoría de TOMA ÚNICA. Distínguense dúas modalidades:
a) Modalidade infantil: ata os 14 anos.
b) Modalidade adulta: de 14 anos en diante.
4. Cada participante poderá presentar tantas fotografías como desexe.
5. Establécense os seguintes PREMIOS:
PREMIO ÚNICO PARA A MODALIDADE INFANTIL: Cámara fotográfica + diploma acreditativo.
1º PREMIO CATEGORÍA ADULTA: 250 euros + diploma acreditativo.
2º PREMIO CATEGORÍA ADULTA: 150 euros + diploma acreditativo.
Non poderá recaer máis dun premio nunha mesma persoa.
O xurado resérvase o dereito a declarar deserto algún dos premios, no caso de que as obras presentadas non cumpran as expectativas.
6. As fotografías presentadas ao certame deben ser orixinais e inéditas, non tendo sido premiadas en ningún outro concurso.
7. O prazo para enviar as fotografías remata o 18 de marzo de 2012.
8. Aceptaranse fotografías intervidas dixitalmente, mais en ningún caso fotomontaxes.
9. As fotografías presentaranse en formato dixital JPEG, cunha resolución de 300 ppp e un tamaño entre 2 e 5 MB.
10. As fotografías participantes serán enviadas ao seguinte enderezo de correo-e: colectivo.cultural.ollomao@gmail.com. A participación neste certame farase baixo pseudónimo. Deste xeito, cada fotografía irá nomeada co pseudónimo do participante e número de fotografía de acordo ao total de fotografías coas que se participe (Por exemplo, no caso de utilizar como pseudónimo ‘Ollomao’ e enviarse tres fotografías, estas nomearíanse: Ollomao1, Ollomao2, Ollomao3). No nome da fotografía non poderá figurar ningún dato persoal real do autor/a.
11. Xunto coas fotografías participantes enviarase un documento de texto no cal se indicará:
– Pseudónimo utilizado pola/o autor/a para a participación no concurso.
– Modalidade na que se participa: infantil ou adulta.
– Nome real da/o autor/a.
– Datos de contacto: enderezo postal, teléfono e/ou enderezo electrónico.
– Unha breve descrición de cada fotografía indicando tamén o lugar onde foi tomada.
12. O Colectivo Cultural Ollomao entregará a cada membro do xurado, unha copia en soporte dixital, de cada unha das fotografías participantes nomeadas de acordo a como se especifica no punto 10 destas bases, para que poidan ser identificadas as gañadoras. O xurado non coñecerá os datos persoais reais dos participantes ata o acto público do fallo.
13. O Xurado estará composto por fotógrafas/os de recoñecido prestixio sen que forme parte do mesmo compoñentes da Xunta Directiva do Colectivo Cultural Ollomao. O seu fallo será inapelable.
14. O fallo do xurado farase público no prazo máximo dun mes a contar dende o 18 de marzo, data fin do concurso, no acto de entrega de galardóns e proxección das obras participantes. Este acto convocarase públicamente e será comunicado a todas/os as/os participantes polo medio de contacto que designen de acordo ao punto 11 destas bases, que deberán estar presentes para a recollida do premio.
15. A propiedade intelectual das obras conservarana os autores, permitindo gratuitamente ao Colectivo Cultural Ollomao a súa utilización en todas as publicacións promocionais ou en calquera outra labor que este estime oportuno.
16. As/os concursantes responsabilizaranse de que non existan dereitos a terceiros nas obras presentadas e renuncian a toda reclamación por dereitos de imaxe.
17. A organización resérvase o dereito a resolver calquera continxencia non prevista nas bases.
18. A participación no certame supón a total aceptación destas bases.























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



