Na sala de actos do CENIMA de Foz foi presentado o número 51 da Revista Galega de Educación, editada polo movemento de renovación pedagóxica “Nova Escola Galega”. Este número esta dedicado ao “xoguete tradicional” e fai un amplo resume da importancia do xogo no desenvolvemento infantil, incluíndo artigos de ensinantes e asociacións do Estado Español e de países europeos, como Portugal ou Francia que traballan a prol da recuperación do xoguete tradicional.
Sintetizaron os valores educativos do xoguete sinalando que o seguinte:
- Que implica un coñecemento máis exhaustivo do medio
- Leva implícito unha marca de identidade e de cultura diferenciada
- É o primeiro chanzo cara o respecto da natureza e do medio ambiente
- Integra socialmente polo que ten de cooperación e pon en contacto con xeración distintas
- Ensina a valorar máis os seus enredos como froito da súa imaxinación e dedicación.
A representante do Observatorio da Mariña pola Igualdade falou da importancia que ten o xoguete na identidade da persoa e moi especialmente nos roles de sexo, apostando por un uso non sexista dos xogos e dos xoguetes para facer efectiva unha verdadeira coeducación.
O representante da Liga Nacional da Billarda expuxo o significado e a boa acollida que está tendo a recuperación deste xogo a nivel galego, onde se están integrando e participando persoas de todas as idades e sexos.