Nota de prensa
ADEGA, FEG e a SGHN
![]()
O COMEZO DA PESCA COMPROMETE O FUTURO DOS NOSO RÍOS ANTE A PASIVIDADE DO GOBERNO GALEGO
A Xunta de Galiza pecha os ollos ante a situación de seca que están a sufrir os nosos ríos e mantén o inicio da pesca para este domingo 18 de marzo, co conseguinte risco para as poboacións piscícolas e os nosos ecosistemas fluviais.
Compostela, 17 de marzo de 2012. Este domingo 18 de marzo está prevista o inicio da tempada de pesca segundo o establecido na orde do 28 de decembro de 2011, pola que se establecen as normas de pesca nas augas continentais de Galicia durante a tempada 2012 (DOG nº 12 do 18/01/2012 e corrección de erros DOG nº 33 do 16/02/2012).
A información subministrada polos distintos organismos con competencias en materia de augas (Augas de Galiza, Confederación Miño-Sil e Confederación do Cantábrico) coinciden en sinalar que estamos en mínimos históricos para o presente mes con repecto aos caudais da maioría dos ríos galegos. Esta situación é derivada dun período con precipitacións por baixo da media dende a primavera de 2011, o que segundo datos da propia Meteo Galicia sitúanos nunha situación de seca.
Os efectos desta seca sobre os ecosistemas acuáticos e as especies piscícolas (que se atopan nunha situación de estrés) verase incrementado coa pesca, o que pode comprometer o futuro de moitas poboacións da fauna e flora ligadas aos nosos ríos nun cenario de afluencia masiva de pescadores (comezo de tempada) e reducido espazo para a vida acuática (caudais baixos). A isto temos que engadir que pescar nesta situación de seca pode comprometer o reclutamento (as incorporacións de novos peixes) de moitas das especies piscícolas, especialmente os salmónidos (troita, reo e salmón), pola maior captura de reprodutores e destrucción de zonas de reproducción (frezadoiros).
Ante esta situación o goberno galego está a facer ouvidos xordos ás distintas voces que recomendan o retraso do comezo da tempada de pesca e negando a realidade meteorolóxica. Por esta deixadez de funcións ADEGA, a FEG (18 organizacións) e a SGHN instamos á Dirección Xeral de Conservación da Natureza a que reconsidere a súa decisión de continuar con normalidade a tempada de pesca e paralice o seu desenvolvemento até que se podan restablecer os caudais medios dos nosos ríos. Todo o contrario suporá poñer en risco os nosos ecosistemas fluviais e hipotecar o futuro da pesca en Galiza.
Asinan: ADEGA, FEG (integrada por ADEGA, ADENCO, APDR, Asemblea do Suido, Colectivo Ecoloxista do Salnés, Coto do Frade, Gerrilleiros das Fragas, G.N. Hábitat, Luita Verde, MEL, Naturviva, Néboa, Niño do Azor, Oureol, Vaipolorío, Verbo Xido, Verdegaia e Xevale) e a SGHN.





















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



