Nota de prensa
NOVO XACEMENTO ARQUEOLÓXICO NA COSTA LUGUESA
Mariñapatrimonio informa ao Servizo de Patrimonio Cultural dun xacemento costeiro de grandes dimensións no concello de Foz.
A Mariña, 22 de marzo de 2012.- O pasado mes de novembro Mariñapatrimonio comunica ao Servizo de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia sobre a existencia dun novo xacemento arqueolóxico situado a 300m do casco urbano de Foz, no lugar do Carreiro, entre as praias de Llas e a Rapadoira.
Trala súa inspección polos arqueólogos de Patrimonio, foi incluída no Inventario de Xacementos Arqueolóxicos da Dirección Xeral de Patrimonio coa clave GA27019021 e coa denominación Xacemento O Carreiro- Marzán.
O Servizo de Patrimonio non especifica o período histórico nin de que tipo de xacemento se trata. Mariñapatrimonio opina que hai indicios suficientes para consideralo un castro costeiro. A cerámica atopada no lugar, as estruturas que se atopan á vista e a súa morfoloxía gardan unha gran similitude con outros castros costeiros de Foz e da Mariña. O que diferenza este asentamento é a súa complexidade e o seu gran tamaño.
A meirande parte dos castros costeiros aséntanse sobre unha soa península, aínda que se coñecen algúns que ocupan máis terreo e máis dunha península, tales como o de Cangas ( Foz) e o de San Tirso (Xove).
O castro do Carreiro esténdese por catro penínsulas cunha extensión de aproximadamente 6ha, o que o converte nun dos castros costeiros máis grandes da Mariña.
As defensas neste tipo de xacementos, situados no istmo da península, consisten nun sistema de foxos e parapetos que aíllan e protexen o poboado castrexo.
Na península máis ao oeste do asentamento do Carreiro obsérvanse tres foxos picados na rocha, na actualidade recheos e tapiados pola construción do paseo marítimo.
Na península máis ao leste atópase unha finca estreita e alongada cun forte desnivel, que podería ser parte do foxo e parapeto.
Nas fotos aéreas do Voo americano do 56-57 aprécianse estes foxos e os parapetos; hoxe, lamentablemente, case desaparecidos baixo a estrada que vai de Llas á Rapadoira.
Na zona dos cantís pódense ver varios muros das cabanas do castro, muíños e cerámica común de tradición indíxena. Tamén se atopan numerosos fragmentos de cerámica construtiva con armazón vexetal, vinculada con fornos
posiblemente de actividade metalúrxica. Neste castro hai unha mina, disque de ouro, que foi tapada no ano 1994 ao construír o paseo marítimo. A tradición oral cóntanos da existencia dunha cova no Pico do Castro de Foz a un quilómetro do Carreiro. Esta furada tería dúas saídas, unha iría ata o Cu do Castro (castro de Llas) e outra ata O Carreiro.
A estrada Llas- Rapadoira destruíu unha boa parte do sistema defensivo, a construción do paseo marítimo tamén lle afectou negativamente e sobre o xacemento levantáronse catro vivendas unifamiliares; malia todo isto, O Carreiro mantén moitas hectáreas, presumiblemente intactas, que deben ser protexidas porque a protección e unha adecuada xestión do noso patrimonio supón unha riqueza cultural que atrae o turismo e, en consecuencia, reporta beneficios económicos.
EnlaceFotos: https://picasaweb.google.com/mr.patrimonio/OCarreiroFoz#




















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



