Nota de prensa
MÓNICA RANCAÑO ESIXE UNHA MUDANZA NAS POLÍTICAS SOCIAIS E DE EMPREGO DO CONCELLO
O BNG constata a fortaleza e o medre da afiliación na organización na Pontenova
Mónica Rancaño afirmou que “o Concello ten que operar como un axente económico máis, posto que na actual situación o sector público é central para a dinamización económica”
A Pontenova, 23 de marzo de 2012. O BNG mantivo unha xuntanza na tarde de hoxe do conxunto da afiliación da organización no Concello da Pontenova cunha representación da Executiva Comarcal a fin de definir o plano de traballo que os nacionalistas van levar adiante neste concello até o 25 de xullo e tamén para coñecer de primeira man as propostas que os órganos comarcais do BNG teñen pensado desenvolver nese período.
Segundo indicou a portavoz municipal do BNG na Pontenova, Mónica Rancaño, “é necesario unha mudanza nas políticas do Concello, particularmente no que ten a ver co aumento do gasto social e coa promoción do emprego. Nós pensamos que as administracións públicas, neste caso a local, non poden ficar á marxe cando tantos conveciños e conveciñas nosos están a enfrontarse ao drama do desemprego e cando as políticas de recortes están a provocar un aumento importante das desigualdades sociais dándose casos de auténtica exclusión social. Hai que reorientar as políticas de investimento por parte do Concello, comprometendo máis fondos para servizos que nun concello coma o noso son centrais, como é a axuda no fogar, e por suposto levar a diante un ambicioso programa de infraestruturas que a maiores de cubrir as demandas dos veciños do concello, incida tamén na creación de emprego. O Concello ten que operar como un axente económico máis, posto que na actual situación o sector público é central para a dinamización económica”.
Xoán Estúa, vicerresponsábel comarcal do BNG, destacou “a fortaleza da organización local do BNG na Pontenova, do que é unha mostra o traballo desenvolto, pero de xeito moi especial, o significativo aumento de afiliación que se está a dar neste concello no último ano, onde destacan a incorporación dun número importante de persoas mozas e a inminente constitución da rama xuvenil do BNG, Galiza Nova, nesta localidade. Os nacionalistas apostamos dun xeito decidido pola Pontenova na dupla dirección de cumprir con este concello naquelas institución nas que temos responsabilidade de goberno mais tamén de achegar as demandas dos veciños e veciñas do mesmo a outras institucións onde contamos con representación, como é o caso do Parlamento Galego e as Cortes Xerais do Estado. Pénsese que desde a Vicepresidencia da Deputación de Lugo colaborouse con 4 asociacións deportivas e 5 entidades culturais deste concello pola vía de achega de liñas de financiamento a través de axudas en réxime de concorrencia competitiva. Por outra banda, hai que ter en conta as iniciativas presentadas tanto no Parlamento Galego como nas Cortes Xerais, onde destacaríamos as propostas de mellora do firme da N-640 ou do saneamento e recuperación do río Eo, presentadas por Francisco Jorquera”.
Xa por último, os nacionalistas confirmaron a celebración dun acto de cara ao 14 de abril que ten como obxectivo homenaxear e lembrar a multitude de veciños deste concello represaliados polo réxime franquista, que converteron a Pontenova nunha das localidades de toda a Mariña máis golpeadas pola represión. “É esa Ponte Nova, republicana, operaria e de esquerdas da que nós, os militantes do BNG, nos sentimos herdeiros” – afirmou Mónica Rancaño, que a punto seguido indicou “que sobre esa semente, ese patrimonio de conciencia cívica, ese espírito rebelde, aspiramos a construír unha outra Pontenova diferente. En definitiva, sentímonos en débeda cos que nos precederon na loita, pero tamén queremos darlle continuidade a esa loita pola que no seu día represaliaron a moitos conveciños nosos”.


















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



