Non foi en firme o camiño iniciado a semana pasada polo Burela FS Pescados Rubén, co triunfo fronte ao líder, tras permanecer inmerso no pozo das derrotas semana tras semana, na táboa da segunda división. Na cancha do Manzanares non valeu nin o apabullante resultado da primeira volta, e acadou unha nova derrota (3-2).
Na primeira división de fútbol sala feminino, a vitoria (0-1) pola mínima do Burela FS Pescados Rubén ante o Construcciones Queralt Gironella foi o contrapunto e levou a quinto posto da clasificación.
