Seis surfistas da Mariña aspiran ó título de mellor promesa lucense no Km0 Surf-Camp Deputación de Lugo
– 5 rapaces e 1 rapaza, seleccionados polas escolas de surf mariñanas, optan ó galardón á mellor promesa tras competir esta fin de semana durante as probas do Surf-Camp
– O gañador obterá como premio unha esponsorización da Presidencia da Deputación durante un ano, para competir en campionatos e ser embaixador da costa luguesa
– O surf é un deporte cun importante tirón entre a xuventude, como amosa o feito de que preto do 40% dos inscritos no Surf-Camp sexan rapaces de entre 8 e 18 anos
Unha das actividades máis agardadas do Km0 Surf-Camp Deputación de Lugo é a disputa do galardón á mellor promesa, denominado “rookie” no mundo do surf, ó que optarán seis surfistas mariñanos. Estes foron previamente escollidos polos clubes colaboradores da organización do Surf-Camp. As escolas ¡Hola!Ola, de Ribadeo; North Shore Surf Club, de Barreiros; Surfiños, de Foz; The Van, de Viveiro e Sensación Surf Club, de Foz, escolleron a estes rapaces dacordo a criterios de calidade. 5 homes e 1 muller terán que medirse esta fin de semana non só entre eles, senón tamén cos campións, e amosar porque poden ser embaixadores da costa luguesa.
Os escollidos son Jairo Barral, natural de Foz, leva dende os 12 anos adicándose ó que define coma a sua grande paixón; Ignacio Maañón “Cheno”, procedente do mesmo Concello, tamén se botou ó auga por primeira vez ós 12 anos, cunha vella táboa que atopou na súa casa; o cervense Evaristo Blanco, surfista dende os 13 anos, para o que o surf é unha forma de enteder a vida en plena liberdade; David Guerreiro, un viveirense de 9 anos que se move como peixe no auga; María Platero, burelesa que tardou en “coller a táboa” pero que colleu con decisión e Borja Rocha, de Barreiros, que se mete ó mar en canto pode.
Todos eles terán que dar o máximo para que a elite nacional de surf, que será a que finalmente escolla ó mellor dos mellores, outorgue ó elixido o ansiado galardón. O premio ó vencedor consiste nunha esponsorización completa durante un ano por parte da Presidencia da Deputación de Lugo, para que poida participar noutros campionatos. Esta esponsorización inclúe todo o material técnico necesario, por valor superior a 2.000 euros (táboa de alta gama, funda, traxes de neopreno de verán e de inverno, accesorios, roupa, etc.). Ademais, non só para estes rapaces senón tamén para todo o que participe, o Surf-Camp é un inmellorable escaparate de promoción, posto que os medios especializados como Surf Limit, Parafina, El blog de Occy, The Crazy Guecho, A Remojo, Fuel Surf ou Surf Galicia, así como membros das Federacións de Surf galega e española, cuxa presenza está confirmada, aproveitarán seguro para chequear o nivel dos surfistas.
De feito, non son poucos os mozos que agardan o comezo deste evento, e que amosan o interese que este deporte esperta entre a xuventude mariñana: o 40% dos inscritos a día de hoxe teñen entre 8 e 18 anos.
Actividades para todos os gustos
A programación dará comezo o venres ás 19:00 horas no Cine Teatro de Ribadeo, con entrada gratuíta, coa charla que ofrecerá o campión Kepa Acero e na que dará conta das experiencias vividas durante o seu proxecto “Cinco olas, cinco continentes”, que o levou a dar a volta ó mundo en solitario tentando recuperar o espíritu dos pioneiros, tentando surfear olas nas costas de, por exemplo, Perú, Chile ou Alaska. A continuación, o gañador do Punta Galea EVE Challenge 2012, Adur Letamendía, contará “Cómo surfear olas grandes, mi experiencia personal”, isto é, cales son as mellores técnicas para cabalgar sobre olas de máis de catro metros. Acto seguido, ás 20:00 horas, Jaime Azpiroz ensinará ós asistentes como escoller as táboas e quillas tendo en conta o tipo de olas que se queiran surfear, así como as necesidades de cada un. Para finalizar esta primeira xornada, ás 21:00 horas, proxectarase o película “Year Zero”, premiada como a mellor de surf do ano 2011 por www.surfermag.com. O día rematará cun sorteo de agasallos entre os asistentes.
O sábado será o día para botarse á auga. Ás 10:00 horas comezará a exhibición da técnica dos surfistas profesionais, acompañados dos iniciados neste deporte. A praia que será escenario desta expression session darase a coñecer o venres a través de www.km0surfcamp.deputacionlugo.org, xa que a localización dependerá do estado da mar. Pola tarde, na praia focense da Rapadoira, a partires das 16:00 horas, haberá unha sesión de multiactividade na que todos os membros da familia, ademais de surf, poderán practicar outros deportes acuáticos coma kite-surf, paddle surf, scooter, etc. Pola noite o pub Rockuncho, en Ribadeo acollerá, ás 21:30 horas, a entrega de premios ós gañadores desta expression session e ás 22:30 horas unha cena-concerto, coa actuación do grupo galego “Dirty Socks”. Finalmente, o domingo a partir das 12:00 horas e durante toda a mañá, na praia de Esteiro (Xove) celebrarase unha xornada de surf aberta ó público, na que de novo os campións compartirán olas cos principiantes e daranlles consellos personalizados para mellorar desta modalidade.
Campións de luxo
Kepa Acero -un dos free surfer máis famosos; Adur Letamendía -famoso por surfear grandes olas e actual gañador do Punta Galea EVE Challenge 2012-; Jaime Azpiroz, Gony Zubizarreta -o surfista galego máis laureado, gañador da última edición do San Miguel Zarautz Pro e 2º clasificado no Pantin Classic, 17ª na clasificación para o circuito mundial (WQS)-, Pablo Solar -actual seleccionador da Federación Española-, Indar Unanue, Marlon Lipke -un dos poucos europeos que acadaron clasificarse nos primeiros postos do circuito mundial-, Hodei Collazo -clasificado na 2ª posición do circuito mundial junior-, Pablo Gutiérrez -actual campión de Europa de surf-, Iván Villalba, Luis Rodríguez – segundo surfista galego máis laureado de todos os tempos-, Pablo Romero, Jaji Iglesias, Dani Aznar, Lucía Martiño, Erika Franco -ocupa a terceira posición do surf feminino español-, David Sastre, Yoli Rodríguez e Loiola Canales -campiona de España Sub-18 no ano 2011-, son outros nomes dos 14 homes e 4 mulleres que serán embaixadores da Mariña polo mundo grazas á súa presenza nas praias lucenses.























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
