TÁCTICA E LIDERADO, NA VOZ DE VENANCIO LÓPEZ
A táctica e o liderado vertebraron esta tarde a lección maxistral do seleccionador nacional, José Venancio López Hierro, no IES Monte Castelo de Burela, integrada no Curso de Instrutor de Fútbol Sala Base que organiza a Federación Galega de Fútbol e que conta coa colaboración do CD Burela FS Pescados Rubén. Na súa visita á Mariña, o técnico estivo arroupado polo presidente da Federación, José García Liñares, e polo director da Escola Galega de Adestradores, Rafael Sáez Aboal. Venancio López tamén estivo acompañado polo xefe do Servizo de Deportes en Lugo da Xunta de Galicia, José Manuel Rozas; o vicepresidente da Federación, Plácido Díaz; e o alcalde de Burela, José María González Barcia; así como de directivos do CD Burela FS e profesorado do curso, entre outros.
Tanto o alumnado de Instrutor de Fútbol Sala Base e do ciclo de Actividades Físicas e Deportivas do IES Monte Castelo coma xogadores e xogadoras do club laranxa, ademais doutro público interesado, internáronse na táctica futbolística a través da suxestiva oratoria de Venancio López, que escolleu a “Conceptualización e desenvolvemento das situacións de superioridade 3×2” como parcela de transmisión neste novo encontro cos profesionais mariñáns do fútbol sala. Así mesmo, o seleccionador tamén abordou a relevancia da dirección e liderado nos deportes colectivos como peche da súa intervención.
Xunto á sabedoría de Venancio López, a bisbarra tamén puido gozar na xornada de hoxe da presenza da Copa de Europa de Fútbol Sala. O trofeo máis recente da Selección Española, que se proclamou campioa en Croacia o mes pasado, recibiu numerosas visitas tanto na casa consistorial, ao longo da mañá, como no IES Monte Castelo, xa pola tarde.























Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
