EcoGal segue o seu proceso constituinte que culminará en maio
O encontro APROBA unha resolución sobre o proceso de novo referente político común da esquerda nacional e o galeguismo político
EcoGaleguistas ABORDA UN ENCONTRO PROGRAMATICO DE NOVAS IDEAS PARA A ALTERNATIVA PARA O SÉCULO XXI
Compostela, 14 de abril de 2012.- O Encontro prográmatico de Ecogaleguistas “Novas ideas para o século XXI” abordou a construción do novo referente político común da esquerda nacional e o galeguismo político.
Na resolución aprobada esta maña no encontro en Oleiros insístese na necesidade de construír un referente amplo que non se limite aos marcos político-culturais do anterior nacionalismo galego. Segundo a resolución aprobada “máis aló das crises dos actuais partidos existentes na esquerda, asistimos a un proceso de crise profunda da esquerda galega en particular e da global en xeral, froito de que estamos a entrar nunha nova etapa con novas contradicións e novos suxeitos sociais que demandan novas políticas, necesariamente radicais no político pero non dogmáticas no ideolóxico.”
Por iso para EcoGaleguistas faise necesario separar os procesos de alianza electoral cara as eleccións autonómicas e a construción dun referente político moderno e avanzado. Así para EcoGal “froito da envergadura desa crise faise necesario separar o proceso electoral, marcado pola urxencia da convocatoria das eleccións autonómicas, dun proceso máis sereno, reflexivo e profundo que permita construír un proxecto unitario de carácter estratéxico de cambio para o noso país nun marco globalizado”.
O encontro de Ecogaleguistas emprazou “a tódolos colectivos e organizacións que poidan estar interesadas en construír unha nova forza común de progreso e galeguista para impulsar conxuntamente un proceso desde a cidadanía para que se poida vertebrar, nun tempo necesario, unha forza plural e alternativa que acolla os tres segmentos culturais referenciais para a mesma: o centro-esquerda progresista, o altermundismo soberanista e a esquerda ecosocialista e renovadora.
A resolución de EcoGal acorda convidar “a +Galiza, Encontro Irmandiño, Acción Galega e outros colectivos, na medida en que se teñen posicionado a favor de construír ese novo referente político e electoral, galego e de progreso, para abordar un calendario e unha metodoloxía común que permita avanzar ao ritmo necesario para que este novo referente xa estea presente nas próximas eleccións autonómicas.”
Este proceso debe facerse desde a cidadanía na súa construción e na súa identificación cultural.
Durante o acto interviu Teresa Taboas, que felicitou a Ecogaleguistas polo traballo de elaboración de ideas feito e salientou que “acudia ao acto xa que o que lle interesa son os problemas da xente”, problemas que hai que “abordar con perspectivas novas” e tal como fai Ecogaleguistas “ocupados na elaboración de propostas e ideas”. Palabras que agradecemos cordialmente, xunto coa súa capacidade de ilusionar.
Por outra banda, o encontro de EcoGaleguistas acordou seguer a desenvolver o proceso aberto para a constitución dunha ferramenta da esquerda verde e renovadora que culminara nun congreso constituinte o próximo 26 de maio.
A ese respecto aprobou unha segunda resolución onde afirmase que “para os mulleres e homes de EcoGaleguistas, o partido non é un fin en si mesmo senón un instrumento adaptado aos tempos. Os tempos actuais non requiren de partidos fortemente estruturados no orgánico nin pechados ideoloxicamente senón ferramentas que permitan cooperar con outros colectivos e persoas interesadas nun cambio social”
E aclarando que “a misión de Ecogaleguistas non é pois acadar cotas de poder ou converternos en prolongacións das institucións senón construír o cambio social desde o galeguismo do século XXI.”
Para elo levan desde o seu acto fundacional o pasado 25 de febreiro mergullados nun proceso de encontros locais nos que xa se teñen reunido con máis de duascentas persoas e cun traballo de elaboración de novas ideas que permita construír as alternativas para o século XXI.
O documento base, elaborado coa participación de varias ducias de persoas as que queremos agradecer a súa participación, consta de 100 folios estruturados en 5 bloques temáticos e un epilogo:
[Bloque 1] Construír a nova política
[Bloque 2] Cara a unha Galicia Sustentable
[Bloque 3] A defensa do ben común
[Bloque 4] Dereitos e obrigas
[Bloque 5] Globalización e Paz
[Epilogo] Radicalidade e rexeneración democrática
Non se trata de un documento programático senón de análise daquelas cuestións sobre as que lamentablemente, menos ten reflexionado a esquerda galega e que sen dúbida son elementos centrais para esta nova etapa. Tratase sen dubida dun ods maiores esfrozos de reflexión teorica da esquerda e do galeguismo en Galicia na última década e nel xa levan participado varias decenas de persoas.
A idea é que ese debate continúe de xeito de ósmoses, para que colectivos e organizacións sociais poidan seguir completando un documento que será aprobado na asemblea constituinte do 26 de maio.
Remitido



















Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



