OS ATLETAS DO C.D.EGOVARROS-VIVEIRO ACADAN
DOUS OUROS E UNHA PRATA
NO CAMPIONATO GALEGO DE MARATÓN
O pasado domingo celebrouse na Coruña o Campionato Galego de Maratón, a competición foi organizada pola Federación Galega de Atletismo. Ás 8:30 da mañá en punto deuse a saída a máis de 1500 atletas para realizar os 42,195 km, a climatología non acompañou ós atletas, chovendo durante moito tempo, chegando ata a descargar granizo e cun vento considerable que facía aumentar moito a dureza da proba; a partir do km 30 producíronse moitos abandonos.
O clube vivariense que desplazou a 17 atletas sufríu o abandono de dous atletas debido a desfalecementos, os outros atletas remataron todos a proba, destacando o primeiro posto na categoría masculina M-50 de Emilio Martinez Anta, na categoría femenina W-60 a súa compañeira Isabel Brea tamén se proclamou campiona galega, na categoría de M-70 Antonio Cabana subíu ó podium na segunda posición, outros dous atletas de Egovarros estiveron a piques de acadar medalla, en M-60 Eliseo López foi cuarto e a súa compañeira Maria Dolores Ferreiro en W-45 tamén acadou a cuarta posición.
Remitido






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
