A REDE MUSEÍSTICA DA DEPUTACIÓN ACOLLERÁ UN OBRADOIRO DE FOTOGRAFÍA PARA PERSOAS INVIDENTES
Antonio Veiga e Encarna Lago presentaron este obradoiro que se desenvolverá entre abril e maio e rematará cunha exposición e un documental que recollerá todo o proceso
Veiga afirmou que “o traballo de inclusión que se desenvolve na Rede Museística non se queda só na eliminación de barreiras físicas, senón que abrangue a realización deste tipo de actividades inclusivas”
Lugo, 19 de abril de 2012. O vicepresidente da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga, xunto á xerente da Rede Museística Provincial, Encarna Lago, presentaron esta mañá no Museo de Lugo o primeiro obradoiro de “Fotografía a cegas” destinada a persoas invidentes. A través deste obradoiro, que se desenvolverá en abril e maio, sete persoas cegas, coa dirección de catro fotógrafos profesionais e a colaboración dunha terapeuta, aprenderán a técnica da fotografía, e incluso nocións de vídeo, que desembocará nunha exposición en xuño e na elaboración dun documental sobre todo o proceso de aprendizaxe. Esta é unha iniciativa pioneira en Galiza e no conxunto do Estado, tal e como destacou Encarna Lago, de xeito que cobra sentido o que Antonio Veiga explicou referíndose a que “o traballo de inclusión que se desenvolve na Rede Museística da Deputación non se queda só na eliminación de barreiras físicas, senón que abrangue a realización deste tipo de actividades inclusivas”.
Antonio Veiga remarcou que “nós sempre acreditamos que os museos debían ser accesibles a todas as persoas independentemente das súas capacidades físicas” e aproveitou a ocasión para felicitar “a todas as persoas que colaboran na posta en marcha deste proxecto e ás persoas que van a participar nel pola súa ousadía e gañas de aprender nesta iniciativa pioneira”.
Segundo explicou Encarna Lago, o obradoiro “Fotografía a Cegas” desenvólvese nos catro museos da Rede Museística e comezou o pasado 10 de abril cunha xornada de formación para os fotógrafos que van dirixir o obradoiro a cargo da terapeuta Mercedes Cabada, especialista en Arte-terapia, fornecendo aos fotógrafos das claves para proceder á formación teórica e práctica no traballo coas persoas invidentes.
Os días 21 e 27 de abril e 4 e 12 de maio, os fotógrafos Iago Eireos, Germán Limeres, Xosé Reigosa e Antonio López Losada, coa colaboración da propia Encarna Lago, dirixirán os obradoiros nos diferentes museos da Rede, e os días 7, 8 e 9 de xuño (coincidindo coa celebración nos museos da Rede Museística das 17ª Xornadas DEAC) expoñeranse os traballos resultantes no Museo Provincial de Lugo, Museo Provincial do Mar (San Cibrao, Cervo), Museo Etnográfico San Paio de Narla (Friol) e Museo Pazo de Tor (Monforte de Lemos). Ademais coas distintas fases e obradoiros do proxecto elaborará un documental Henrique Lamas.
As sete persoas invidentes que participan no proxecto son Trinidad Canosa, Eladio Fernández, Antonio Fernández, Antonio López, Ángeles Miguélez, Manuel Paz Sánchez e Pilar Yáñez.
Remitido





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



