Un dos obxectivos preferentes da acción do Executivo galego, tras o acceso ao goberno do Partido Popular, foi a mellora deste servizo autonómico de emerxencias marítimas
BALSEIRO PIDE Á XUNTA QUE AVALÍE O FUNCIONAMENTO DO SERVIZO DE GARDACOSTAS DE GALICIA TRAS O REFORZO DA SÚA OPERATIVIDADE
O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular quere coñecer o número de operacións realizadas en materia de rescate, salvamento, e loita contra a contaminación mariña.
Os helicópteros da Xunta contan nesta lexislatura cunha dobre tripulación, capaz de asegurar unha resposta en tempo record, ao que hai que engadir as melloras nas embarcacións de rescate.
Santiago, 27 de abril de 2012.- O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, rexistrou unha iniciativa parlamentaria na Cámara galega interesándose polos operativos realizados ata o de agora polo Servizo de Gardacostas de Galicia, despois de que ao longo da actual lexislatura a Xunta decidira reforzar a operatividade e capacidade de resposta dos medios aéreos e marítimos de competencia autonómica.
Balseiro Orol sinalou que nun medio hostil como é o mar, onde os profesionais que nel traballan están expostos a continúos riscos é importante saber que se dispoñe dun servizo público capaz de actuar con celeridade e eficacia “alí onde e cando se necesite, alí onde e cando teña lugar unha situación de emerxencia marítima”.
O Servizo de Gardacostas de Galicia, é un organismo encargado da garda costeira, vixilancia pesqueira, procura e salvamento e protección do medio mariño nas augas da comunidade autónoma de Galicia,. Depende directamente da Consellería do Mar por medio da Subdirección Xeral de Gardacostas. A súa fundación como corpo de gardacostas data do ano 2004, e xorde da fusión e mellor de servizos que xa estaban en funcionamento na comunidade autónoma galega, como eran o Servizo de Vixilancia Pesqueira e o Servizo de Busca e Salvamento.
MELLORA DO SERVIZO
O voceiro popular lembrou que a Consellería do Mar vén de facer un importante esforzo económico e dotacional -só a mellora nos helicópteros arredor de 25 millóns de euros- para corrixir a situación de precariedade e ineficiencia coa que atoparon este servizo de rescate despois dos catro anos de esquecemento e mala xestión por parte do Goberno bipartito. Coa súa iniciativa parlamentaria Balseiro busca que a Xunta faga tamén unha valoración e avaliación dos resultados acadados coas melloras introducidas neste servizo.
MÁIS PROTEXIDOS
Balseiro lembrou que un dos obxectivos preferentes da acción da Xunta no ámbito marítimo-pesqueiro, tras o acceso ao goberno do Partido Popular en 2009, foi o reforzo das embarcacións e helicópteros de competencia autonómica que traballan no servizo de rescate, salvamento e control da contaminación mariña.
Neste eido, o voceiro popular do Mar, quixo salientar os cambios introducidos polo departamento autonómico que dirxe Rosa Quintana, como foron o reforzo da operatividade dos helicópteros adscritos ao Servizo de Gardacostas de Galicia, que contan cunha dobre tripulación, capaz de asegurar a prestación do servizo os 365 días do ano, ás 24 horas do día, e nun tempo de resposta record ou tamén as melloras das embarcacións de rescate, dotacións e servizos.
Remitido




















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



