Á rúa contra o saqueo
Hoxe primeiro de maio é unha data para a reivindicación. Non por liturxia. Non por costume. Hoxe temos motivos e razóns abondo para nos mobilizar co gallo do Día do Internacionalismo Proletario.
Ás contrareformas laborais e das pensións o goberno central do PP suma -cada día- novos recortes. E o executivo español inda ameaza con máis golpes contra as clases populares. Cada venres un nova puñada aos dereitos sociais e aos servizos públicos, como xa advertiu esta fin de semana o propio Rajoy.
A ofensiva do capital contra a maioría social non é nova, é consubstancial ao capitalismo. Agudizouse, iso si, nos albores mesmos da vixente crise sistémica. Mais desta volta sobordou todas as liñas vermellas que algúns inxenuamente crían infranqueábeis, demostrando con meridiana claridade quen detenta o poder real.
Por exemplo, o último paquete de medidas coloca en situación de risco sanitario a pensionistas que precisen de ambulancia para acudir a probas médicas, por non poder custearse ese transporte. E grava a enfermidade a través do ‘medicamentazo’ poñendo prezo á saúde.
O mesmo acontece co ensino. Ademais das trabas académicas, como notas de corte e selectividade, o estudantado terá que enfrontar a peneira económica cunhas taxas privativas. Todo para limitar o acceso a estudos universitarios a unha porción cada vez máis pequena da sociedade. O regreso da universidade das elites.
Os impostos están a deixar de servir como ferramenta para a redistribución da riqueza. Ao contrario, a aplicación do Pacto de Estabilidade do Euro e o total sometemento dos gobernos, central e galego, aos ditados da clase dominante (banca privada e grande empresariado), fan dos tributos un instrumento opresivo. Axudan a concentrar e centralizar a riqueza en cada vez menos mans.
Increméntase a presión fiscal sobre quen menos ten ao tempo que se perdoa a fraude dos máis ricos. Sóbense impostos ao tempo que se retallan os servizos públicos que financian, obrigando a pagar máis por menos. Instaurase a austeridade forzosa (desmantelando o Estado do benestar) para satisfacer a cobiza da banca privada que especula coa débeda pública. Débeda que medrou de xeito substancial precisamente despois de rescatar esa mesma banca con cartos públicos.
Ao cabo, inxentes motivos para nos mobilizar contra este verdadeiro saqueo. Para saírmos á rúa a esixir unha mudanza radical, que principie por impedirlles que sigan a gobernar contra o pobo, contra a maioría, para seguir a engordar á minoría que nos explota.





















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



