O Concello de Cervo recibe a David Cal que se prepara para as Olimpíadas no encoro de Río Covo
-A pista de Río Covo ofrece unhas características moi semellantes á de Londres e as condicións climatolóxicas son idénticas ás da capital inglesa
-O padexeiro cangués realizará un adestramento específico para a cita olímpica durante 11 semanas
Cervo, 22 de maio de 2012-O goberno local de Cervo recibiu esta mañá ao deportista cangués David Cal, que por terceiro ano consecutivo elixiu o encoro de Río Covo como o seu lugar de adestramento de cara aos Xogos Olímpicos de Londres. Un acto no que estiveron presentes o alcalde, Alfonso Villares, o edil de Deportes, José Ramón Soto, a edil de Educación, Yolanda Pedreira, o deportista David Cal e o seu adestrador, Suso Morlán.
O rexedor cervense manifestou a súa satisfacción porque o deportista do Hío volvera a Cervo para a súa preparación. “Dende o grupo de goberno alegrámonos de que o encoro de Río Covo e o municipio cervense cumpran as condicións necesarias para que un dos deportistas galegos máis prolíficos realice o seu adestramento específico a poucos meses da celebración dos Xogos Olímpicos de Londres” asegurou o rexedor. “Xa lle transmitimos a David Cal e a Suso Morlán a nosa enteira disposición para facer o máis agradable posible a súa estancia en Cervo e que saiban que contan co Concello para o que poidan precisar” engadiu Villares, que tamén lle desexou ao padexeiro que a súa preparación en augas cervenses “resulte satisfactoria e frutífera e lle permita conseguir a súa quinta medalla olímpica”.
O deportista, gañador de dúas medallas nos Xogos de Atenas de 2004 e outras dúas nos de Beijing de 2008, leva todo o ano adestrando, aínda que a preparación no encoro de Río Covo, que durará 11 semanas, será máis específica debido ás grandes semellanzas entre a pista cervense e a de Londres. Segundo explicou Suso Morlán, no 2009 el e máis David Cal pasaran dez días na pista olímpica da capital inglesa adestrando para probar as características do lugar exacto da competición. Ao mesmo tempo, fixeron as medicións oportunas sobre as condicións climatolóxicas e a lámina de auga para procurar unha pista o máis similar posible en España, a poder ser en Galicia, e que estivera situada nunha zona cun clima semellante.
Segundo as observacións de Suso Morlán, Cervo era o municipio galego que máis se aproximaba ás condicións climatolóxicas de Londres e o seu encoro era o máis parecido á pista inglesa. O propio Morlán coñecía a pista de Río Covo, na que polas súas características e situación podían adestrar incluso con vento, e practicar coas mesmas incomodidades meteorolóxicas que se poderían dar o día da competición olímpica.
O adestrador destacou tamén as facilidades atopadas en Cervo, como a privacidade á hora de adestrar no encoro, a disposición dunhas instalacións deportivas completas, un acceso doado á auga, tranquilidade e a colaboración do Concello así como de Alcoa, un apoio necesario, o da empresa, para o mantemento dun nivel de auga invariable e axeitado para o adestramento.






















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 
