Novas máis relevantes do Consello da Xunta de hoxe, en relación coa Mariña:
A XUNTA COLABORA COA FEGAMP PARA A CONTRATACIÓN DE GRUMIR EN 46 CONCELLOS GALEGOS
· Serán beneficiados 15 concellos da provincia da Coruña, 10 de Lugo, 14 de Ourense e 7 de Pontevedra
O Consello da Xunta aprobou hoxe, na súa xuntanza semanal, un convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Administracións Publicas e Xustiza e a
Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), para a contratación de grumir en 46 concellos galegos.
Mediante este convenio regúlanse as condicións de funcionamento, colaboración e financiamento dun grupo estable e profesionalizado dentro dos grumir das entidades
locais galegas, vinculados á existencia dunha estrutura renovable financiada a través de programas de emprego, para a actuación en emerxencias e tarefas de protección civil,
prevención e extinción de incendios forestais en Galicia. A Consellería de Presidencia dará financiamento para os custos que supoñen a operatividade dos grumir estables que contratarán os concellos. A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior será a encargada da dirección e coordinación destes grupos cando fose solicitada a súa colaboración en emerxencias ou activacións de plans da súa competencia.
Entre as numerosas funcións que teñen os grumir están a intervención en incendios forestais no seus municipios e concellos limítrofes, en incendios urbanos, en situacións
derivadas de riscos naturais, nevaradas, inundacións, temporais, xeadas, choivas intensas, sismos, derrubamentos, corrementos de terra, situacións de seca; colaboración coas autoridades competentes en aglomeracións de persoas en lugares e momentos determinados, en temas de seguridade viaria; realizan actividades e establecen medidas preventivas que diminúen e minimizan situacións de risco; e calquera outra intervención que implique colaboración cos concellos en materia de protección civil, ambiente, servizos sociais, sanidade, culturais, educativos e deportivos.
Os concellos que participan na contratación de persoal para o grumir estable son Arteixo, Arzúa, Betanzos, Boiro, Boqueixón, Brión, Carballo, Cee, Noia, Ordes,
Ortigueira, As Pontes, Ribeira, Santa Comba e Vimianzo, na provincia da Coruña. Burela, Cervo, Chantada, Guitiriz, Monforte, Monterroso, A Pontenova, Sarria, Vilalba e
Viveiro, na provincia de Lugo.
—
A XUNTA APROBA A PREVALENCIA DA UTILIDADE PÚBLICA DO PROXECTO DE LIÑA DE ALTA TENSIÓN SOBRE TERREOS MANCOMUNADOS DE RIBADEO
· O acordo do Consello comprende unha superficie de 4,42 hectáreas de montes veciñais en man común pertencentes ás comunidades de Anzas de Covelas e de Piñeira
O Consello da Xunta aprobou na súa reunión de hoxe o acordo polo que se declara a prevalencia da utilidade pública do proxecto de liña de alta tensión da subestación
Folgosa, sobre a cal cualifica os montes veciñais en man común Trabas, Cobreira, Grandas, Penatallada e Reme; e Os Chaos, pertencentes respectivamente ás comunidades de Anzas de Covelas e Piñeira, no concello lucense de Ribadeo.
Este proxecto -que conta cunha superficie total de afección de 4,42 hectáreas- permitirá mellorar a subministración eléctrica na contorna de Ribadeo. Tras a autorización do proxecto por parte da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Economía e Industria, o Servizo de Montes da provincia de Lugo remitiu informe favorable, tendo en conta todas as razóns e conveniencia deste servizo público e do uso de enerxía limpa na zona.
Á vista de toda a documentación do expediente, a Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes da Consellería do Medio Rural e do Mar propuxo emitir informe favorable sobre
esta prevalencia en virtude do artigo 6 do Regulamento da Lei de montes veciñais en man común.






















Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.
A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.



