O Concello de Foz por medio da Concellería de Medio Rural e Pesca que dirixe Pedro Fernández Manín , está a organizar a Feira Exposición de Gando da Espiñeira na parroquia de Vilaronte ( FOZ ), que se celebrará o vindeiro domingo dezasete de xuño. A esta feira xa de tradicional celebración o domingo anterior a festividade de San Xoán, acoden ademais dos gandeiros da zona e concellos limítrofes, outros do interior da provincia.
Según nos informa Fernández Manín nesta feira da Espiñeira, en Vilaronte (Foz), haberá premios para o maior número de cabezas de gando tanto equinas como vacún, ás mellores eguas e cabalos de sela, a mellor cría cabalar, a mellor vaca, mellor touro do país e cría de vacún , ademais dos catro do concurso de andadura que o igual que en anos anteriores celebrarase no lugar de costume a partir das 5 do serán. Todos os participantes para o concurso de gando poderán inscribirse no campo da feira desde as 10.00 a 13.00, horas e para de andadura hasta media hora antes do inicio de esta. A partir das 13 horas actuarán grupos folclóricos e haberá sesión vermú. No recinto feiral estará instalado o Bar Restaurante Chelo onde se o desexan poderán adquirir polbo a feira, xamón cocido ou churrasco entre outros.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



