O BNG CONVOCA MOBILIZACIÓNS NAS COMARCAS DE LUGO CONTRA O RESCATE BANCARIO
Mario Outeiro convocou “a toda a cidadanía a participar nas mobilizacións de Lugo e Burela porque este rescate para a banca é un roubo ao pobo”
Outeiro afirmou que “o rescate é un roubo ao pobo para darllo á banca e a provincia de Lugo vai notar especialmente os recortes que se van derivar”
Lugo, 11 de xuño de 2012. Esta tarde, o responsábel comarcal do BNG de Lugo-centro, o nacionalista Mario Outeiro, xunto ao responsábel comarcal do BNG da Mariña, Antonio Veiga, o responsábel comarcal de Lugo-Sur, Ricardo Rodicio, mailo deputado do BNG no Parlamento Galego, Manuel Parga, compareceron en rolda de prensa no local comarcal de Lugo-Centro, para dar conta das mobilizacións que os nacionalistas convocan para mañá diante da subdelegación do goberno en Lugo, ás 20:00 horas, e na Praza da Mariña de Burela, ás 20:30 horas, coas que pretenden expresar o rexeitamento da cidadanía ao plan de rescate que a Comisión Europea lle vén de impor ao estado español para rescatar á Banca, e que se van a celebrar baixo o lema “Rescate para a banca, roubo para o pobo”.
O portavoz nacionalista, Mario Outeiro, indicou que “o resgate ao Estado español por valor de 100.000 millóns de euros vai ter un beneficiario -a banca privada, que poderá pagar as súas débedas e sanear os seus balanzos- e unha vítima ben evidente -as maiorías sociais e os pobos, a comezar por Galiza- que somos os paganos da operación e os que teremos que pagar a factura en forma de novos recortes e do deterioro da nosa
calidade de vida. Imos ser as cidadáns e os cidadáns os que paguemos non só os 100.000 millóns de euros, senón tamén os xuros (que a estas alturas aínda non sabemos a canto van ascender).Pagaremos dúas veces: teremos que devolver esa enorme cantidade de diñeiro acrecentada polos intereses e teremos que sofrer novos recortes. A enorme desfeita que provocou o resgate ten culpábeis con nomes e apelidos. É preciso depurar as súas responsabilidades. Que se constitúan as comisións de investigación que o BNG leva pedido quer no Congreso quer no Parlamento Galego. Que se reforme, se for preciso, o código penal para que as persoas responsábeis sexan castigadas. O PP veta as comisións de investigación porque ampara e protexe os responsábeis dun desastre que lle vai custar ao erario público arredor do 25 por cento do PIB do Estado español (se sumamos aos 100.000 millóns de euros deste resgate os 150.000 millóns de euros xa entregados á banca polo Estado desde que estourou a crise). Trátase dunha estafa xigantesca, unha estafa que se está levando por diante o traballo e o benestar social de millóns de persoas. Unha estafa que ten que ser investigada, xulgada e penada polos tribunais de xustiza”.
Outeiro continuou afirmando que “Rajoy minte cando di que é un préstamo, porque non se pode ocultar que é un rescate, polo tanto é un presidente indigno de ocupar ese cargo. E minte porque o resgate si ten condicións que afectarán dramaticamente o benestar social dos cidadáns de Lugo, que hai que lembrar que a suba do IVE afecta de xeito máis intenso a aquelas persoas con menos poder adquisitivo, e en Lugo temos os salarios e as pensións máis baixas do Estado, que hai que lembrar que este plano vén acompañado dun recorte nos salarios e nas pensións, cando a porcentaxe de pensionistas en Lugo sitúase á cabeza de Galiza e do Estado, tamén hai que lembrar que este plano vai introducir importantes recortes nos servizos públicos e no sistema de benestar, vai axilizar a aplicación de algunhas das medidas xa aprobadas polo anterior goberno de Zapatero como as referidas á idade de xubilación. En definitiva, os cidadáns convertémonos nos avalistas dun crédito que na súa letra pequena vai provocar un empobrecemento xeneralizado das maiorías sociais, un aumento da desigualdade entre territorios e persoas e unha xestión da crise nunha dirección totalmente enfrontada aos intereses das clases populares. Todo isto vai significar o mesmo que os anteriores resgates no ámbito da UE (Grecia, Portugal, Irlanda). Isto é: máis recesión, máis paro e máis desigualdades sociais”.
O deputado no Parlamento Galego, Manuel Parga, incidiu en que “o resgate é duplamente negativo para Galiza porque non só vai castigar as súas maiorías sociais, senón porque destruirá o sistema financeiro galego. Con efeito: a Unión Europea condiciona o resgate a unha nova rolda de fusións no sistema financeiro. Rolda de fusións que inevitabelmente se irá traducir na absorción de Novagaliciabanco pola Bankia nacionalizada. Resulta escandaloso que ante algo tan evidente Feijóo se manteña absolutamente en silencio e sen facer ningunha proposta para evitar o espolio do aforro galego. Isto é, non hai máis alternativas que as que pon sobre a mesa o BNG: novo papel do Banco Central Europeu, no que o BCE financie os Estados e non os bancos, e Banca Pública, no noso caso Banca Pública Galega”. Na mesma liña, Parga insistiu en que “é o momento de que o pobo decida coa súa resposta na rúa se avanzamos na dirección que a Comisión Europea e os poderosos teñen definido para o noso País ou se, pola contra, camiñamos cara unha nova política económica que priorice a creación de emprego, a igualdade social e un sistema de benestar cos seus servizos públicos de calidade”.


















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



