O BNG CRITICA O “ANUNCIO ELECTORAL” DE FEIJOO EN BURELA
O deputado do BNG, Manuel Parga cualifica de “electoralismo” anunciar a creación dunha nova gardería de o-3 anos cando segue sen execución o convenio do 2011
Santiago de Compostela, 13 de xuño, 2012. O deputado do BNG, Manuel Parga Núñez denuncia o anuncio realizado polo Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo na súa recente visita a Burela na que afirmou que será construída unha “gardería” para cativos/as de o a 3 anos nesta localidade.
O deputado puntualizou que dende o BNG consideran que “os nenos non se gardan senón que se educan” polo que, na súa opinión, estes centros deben ser denominados “escolas infantís e non garderías”.
O nacionalista manifesta que o anuncio de Feijoo responde á intención “electoralista” do titular do Executivo galego cara a vindeira lexislatura porque en realidade, explicou, “o Plan Educa 3 foi suprimido polo Partido popular a súa chegada á Xunta de Galiza” e o convenio correspondente ao ano 2011 segue sen executar por decisión da Xunta de non conceder os fondos públicos necesarios.
Convenios sen executar
Neste sentido, salientou que non existe consignación para o convenio do 2011 ao igual que ocorre co convenio do ano 2010 polo que considerou que o Partido popular segue facendo “electoralismo” ao anunciar iniciativas que non pode cumprir por falta de orzamentos, sen embargo, dixo, “permanecen pechados os Centros de día nos concellos da Mariña”.
Finalmente, o parlamentario do BNG cualifica un novo incumprimento de Feijoo cos servizos sociais, anunciar a construción dunha escola infantil cando sabe que non existe financiamento para tal proxecto e manter pechados os centros de día para seren privatizados.
















A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



