O BNG APOIA AOS TRABALLADORES DE ALCOA QUE SE MANIFESTARON EN SANTIAGO
Guillerme Vázquez asegura que “non é admisíbel que o goberno lle dea miles de millóns á banca pero se negue a cambiar a tarifa eléctrica para garantir moitos postos de traballo”
Santiago de Compostela, 13 xuño 2012.- O BNG apoiou esta mañá a manifestación dos traballadores de Alcoa-San Cibrao e Alcoa-A Coruña que tras unha marcha de varios días dende os seus centros de traballo para esixir cambios na tarifa eléctrica que eviten o peche das factorías chegaron hoxe a Santiago de Compostela, onde se manifestaron diante da sé central da Xunta de Galiza en San Caetano.
En apoio das reivindicacións dos traballadores asistiron por parte do BNG o portavoz nacional, Guillerme Vázquez; a secretaria de Organización, Montse Prado, e os deputados do BNG no Parlamento Galego, Manuel Parga, Fernando Branco Parga e Henrique Viéitez.
Guillerme Vázquez asegurou que”o BNG está aquí solidarizándose cos traballadores de Alcoa en Galiza, que están vendo en risco real os seus postos de traballo” e demandoulle tanto ao goberno Central como ao da Xunta que atendan a demanda dunha tarifa eléctrica especial que garanta a viabilidade tanto da factoría de San Cibrao como a da Coruña”, unha reivindicación que o BNG xa o demandou no Congreso dos Deputados e no Parlamento Galego.
Neste sentido, o portavoz nacional do BNG denunciou que “o que non pode ser é que a única política do goberno do PP sexa inxectar miles de millóns á banca, pero para a industria, para manter os postos de traballo din que non hai cartos”. “E iso non é admisíbel”, afirmou.
















A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



