A DELEGADA TERRITORIAL E OS ALCALDES DE CERVO E XOVE COMUNICARON Á DIRECCIÓN E COMITÉ DE EMPRESA DE ALCOA QUE O GOBERNO CENTRAL COMPROMETEUSE CO GOBERNO DA XUNTA PARA REALIZAR UN MARCO ESPECÍFICO PARA TARIFA ELÉCTRICA DE FÁBRICAS COMO A DE SAN CIBRAO
Raquel Arias e os rexedores de Cervo, Alfonso Villares, e Xove, Demetrio Salgueiro, explicaron que as xestións que realiza a Xunta de Galicia, encabezadas polo presidente, darán como resultado un tratamento específico para a factoría por parte do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo
Arias revelou que Alberto Núñez Feijóo reuniuse o luns co titular da carteira estatal, José Manuel Soria, co que abordou a situación da factoría situada en San Cibrao
Cervo, 20 de xuño de 2012.- A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, xunto cos alcaldes de Cervo, Alfonso Villares, e Xove, Demetrio Salgueiro, comunicaron hoxe á dirección e ao comité de empresa de Alcoa que O Goberno central comprometeuse co Executivo galego para desenvolver un tratamiento específico para a tarifa eléctrica de grandes factorías, algo que beneficiará á fábrica de Alcoa en San Cibrao.
O compromiso implica ao Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, logo de que o pasado luns o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, mantivera unha xuntanza co ministro, José Manuel Soria, para buscar unha solución ao problema que manifestaba Alcoa para manter a actividade na Mariña lucense.
A delegada e os dous alcaldes explicaron que o ministerio estudará fórmulas diferenciadas para Alcoa e para as grandes industrias en xeral, debido á especial dificultade coa que deben afrontar, no contexto actual, o aumento dos custos enerxéticos. Esta resolución verase plasmada nunha norma que fará pública o Goberno de España, previsiblemente, antes do mes de agosto.
Neste sentido, o anuncio realizado foi valorado moi positivamente polos dos representantes locais, que nos ultimos meses desenvolveron distintas actuacións e reunións orientadas a afianzar a permanencia da empresa na comarca. Así o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro destacou: “a extraordinaria nova que supón que o ministerio se coordine coa Xunta e dea carácter prioritario a ofrecer un marco axeitado para a continuidade da factoría na comarca da Mariña, polo seu papel fundamental na actividade laboral e económica da zona”.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, agradeceu á Xunta “todo o seu esforzo e a súa dedicación, que están sendo cruciais para tentar que Alcoa poida dispoñer de enerxía para producir a prezos competitivos que garantan a súa viabilidade no futuro máis inmediato”, un obxectivo que “ademais de favorecer á factoría irá en beneficio dos centos de mariñáns e galegos que dependen directa ou indirectamente da continuidade da empresa”.
“Evidénciase así -afirmou a delegada- o compromiso pleno da Xunta de Galicia e do Goberno central co mantemento dunha factoría fundamental no tecido industrial de Lugo”, que representa arredor do 30% do Produto Interior Bruto da provincia e xera en torno a 2.000 empregos entre directos e indirectos.
“A Xunta –agregou Arias- está totalmente implicada no sostemento e defensa das empresas da nosa comunidade, que son as que en última instancia poden manter os niveis de emprego e condicionar o crecemento da nosa economía”.
Arias e os dous rexedores subliñaron a especial disposición e sensibilidade coa que o ministro José Manuel Soria abordou a situación da empresa de San Cibrao, recoñecendo o peso específico que ten para Lugo e, en especial, para A Mariña, onde actúa como motor económico e social.

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



