O CONCELLO CREA UN BANCO DE LIBROS DE TEXTO ANTE A DELICADA SITUACIÓN LABORAL E ECONÓMICA QUE ESTÁN A SOFRIR MOITAS FAMILIAS EN RIBADEO. A RECOLLIDA DE EXEMPLARES REMATA O VINDEIRO 1 DE XULLO E DESPOIS ATA O 18 PÓDENSE PRESENTAR AS SOLICITUDES PARA PODER BENEFICARSE DESTE PRÉSTAMO.
Ribadeo, 26 de xuño de 2012. O Concello crea un banco de libros de texto ante a delicada situación laboral e económica que están a sofrir moitas familias en Ribadeo e para potenciar valores coma a solidaridade e a reutilización, segundo explica hoxe a concelleira de Servizos Sociais, Teresa González Piñeiroa.
A primeira fase para a posta en marcha deste banco de libros xa está en marcha. A edil nacionalista sinala que “ata o 1 de xullo vánse recoller os libros de texto xa usados de 5º e 6º do colexio Gregorio Sanz e os de 1º, 2º, 5º e 6º do Sagrado Corazón. Non recollemos os de 3º e 4º porque os libros cambian e non se poderían utilizar e tampouco os de 1º e 2º do Gregorio Sanz porque serían difícilmente reutilizables, segundo nos comunicou a dirección do centro”. A data límite de entrega dos libros de texto será ata o 1 de xullo na sede dos Servizos Sociais do Concello en horario de 9 da mañá a 14 horas.
González Piñeiroa indica que “despois procederemos á súa selección, e a continuación entramos na segunda fase que irá do 1 ao 18 de xullo, período no que as familias poden presentar as súas solicitudes para ser beneficiarios deste préstamo de libros de texto. Para adxudicalos haberá un baremos no que primará a situación económica e laboral das familias e tamén puntuará o feito ser prestatario de libros. Unha persoa que presta libros ten máis puntuación que unha que non presta”.
A concelleira de Servizos Sociais engade que “sabemos que non imos poder acceder a todas as familias que teñen necesidades, pero en función dos libros que teñamos iremos distribuindo entre os beneficiarios. Así poderá haber familias que leven un lote completo e outras que só levarán uns cantos libros. Tentaremos distribuilos dun xeito equitativo e o máis xusto posible”.
Teresa González fai unha chamada “para que todas aquelas persoas que teñen libros de texto na súa casa, que xa non utilizan e que moitas veces non se sabe qué facer con eles, para que os depositen alí co obxectivo de poder distribuilos entre as familias que o necesiten. É unha iniciativa que queremos e desexamos que se vaia nutrindo de máis exemplares para poder atallar a situación difícil pola que atravesan moitas persoas”.
Sistema xusto e necesario
A edil do BNG rexeitou as críticas verquidas nas últimas horas desde o PP, “nós non queremos utilizar os colexios para ningún tipo de adoctrinamento. A realidade social está aí ao igual que o malestar xeralizado antes uns recortes e ante unha discriminación na educación. Non queremos entrar en polémicas, senón que o que pretendemos é buscar solucións á problemática existente, xa que hai moitas familias que antes contaban cuns libros que se lles prestaban para poder utilizalos ese ano e devolvelos ao seguinte curso e agora esa realidade xa non existe”. E subliñou que “nós o que pretendemos é seguir con ese sistema, que consideramos que é xusto e necesario, e que ademáis fomenta moitos valores. Si se considera adoctrinar falar do que realmente pasa, síntoo moito, iso non é unha ideoloxía do BNG, senón da xente, é un sentir popular que hai”.

























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.



