CONTRATACIÓN NOMINAL (A DEDO) NO CONCELLO DE BURELA
No DOG número 50 do 14 de marzo de 2012 a Consellería de Traballo e Benestar publica a ORDE do 29 de febreiro “pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través de programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades locais e se procede á súa convocatoria para o exercicio do ano 2012”
Este DOG contén a normativa que hai que aplicar para realizar contratacións en postos de traballo que oferten as entidades locais. E dita normativa, inclúe aos integrantes dos grupos municipais de intervención rápida (Grumir), que en Burela son 12 prazas
Tamén se explica que o fundamental de estas subvencións é, por un lado, fomentar a creación de emprego de calidade e, por outro, incrementar a empregabilidade das persoas desempregadas, mellorando as condicións do mercado de traballo no marco da Estratexia Europea para o Emprego, o Programa Nacional de Reformas, a recentemente aprobada Estratexia Española de Emprego, no Plan Estratéxico de Galicia 2010-2014 Horizonte 2020 (PEG) e no eido da colaboración institucional e o diálogo social en curso entre o Goberno galego e os axentes económicos e sociais de Galicia.
Referenciado a dita orde publicada, o Concello de Burela debe presentar as ofertas de emprego cunha antelación mínima de 15 días hábiles á data prevista para realizar as correspondentes contratacións na oficina pública de emprego.
Recibida a oferta, a oficina de emprego realizará unha sondaxe de demandantes en función das características dela, atendendo á maior adecuación ao posto de traballo ofertado, e proporcionando, de ser posible (en Burela é moi posible), o número de persoas candidatas por posto de traballo que solicite a entidade beneficiaria, que en ningún caso poderá ser inferior a dúas nin superior a dez.
As persoas candidatas serán remitidas ó Concello co fin de que este realice a selección definitiva, que lle deberá ser notificada, para o seu coñecemento, á correspondente oficina de emprego.
Os Grupos de acción rápida (Grumir) deben estar formados por profesionais que reúnan unhas características especiais (formativas e físicas) para enfrontarse con garantías a un servizo que pode ser moi esixente.
A selección destes profesionais esixe a realización de probas que sirvan para elixir ós mellores tendo en conta a igualdade, capacidade e mérito. Así mesmo, terase en conta o menor nivel de protección por desemprego das posibles persoas beneficiarias, así como a existencia de responsabilidades familiares.
O alcalde de Burela acolléndose, interesadamente, á modalidade de contratación anticipada dos Grumires, concede a dedo as doce prazas que lle corresponden ao Concello de Burela. O conxunto de interesados/as que como tales figuraban nas oficinas de emprego non puideron optar a ningunha destas prazas ó desprezar o alcalde a normativa que figura no DOG relativa a solicitar demandantes e realizar a correspondente selección.
Consideramos que as institucións públicas deben ser un exemplo en canto a transparencia, igualdade de oportunidades e promoción do emprego. Que o alcalde de Burela configure unha lista nominativa para os postos de Grumir demostra quen non representa ó conxunto dos veciños e que emprega o Concello como medio para pagar ou realizar favores.
Que non ocorra nada en Burela que poña en evidencia a operatividade do grupo municipal de intervención rápida, porque o responsable directo será o señor alcalde.





















O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



