Será do 16 ao 20 de xullo organizada pola a Xunta e a obra social La Caixa. Dita exposición contará con paneis, un punto interactivo e unha serie de pufs con motivos ornitolóxicos que decoran e serven de descanso para os visitantes, segundo informan das concellerías de Medio Ambiente e Cultura e Xuventude de Barreiros. Os que se acheguen á exposición poderán saber un pouco más das aves de Galicia, das aves de montaña, das fragas, dos ríos e ribeiras, das chairas, das zonas húmidas do interior, das aves da campiña atlántica, da Galicia mediterránea, das rías, dos acantilados costeiros, das aves da praia e do mar e do medio urbano. As visitas pola mañá serán guiadas en grupo de 10 a 14 horas, ata un máximo de 20 visitantes/hora. Neste caso é preciso inscribirse na OMIX-Biblioteca de Barreiros. E polas tardes haberá visita libre de 18:30 a 21:00 horas.






















Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
O acto será este venres, 8 de maio, ás 20.30h na biblioteca El Viejo Pancho, conducido por Xermán Viluba.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.



