EQUIPO DE GOBERNO APROBOU A MODIFICACIÓN DA RPT PARA DIGNIFICAR A FUNCIÓN PÚBLICA E OFRECER UN MELLOR SERVIZO Á CIDADANÍA. OS PARTIDOS DA OPOSICIÓN ABSTIVÉRONSE.
Ribadeo, 11 de xullo de 2012. O pleno aprobou por unanimidade o expedente para proceder ao desafiuzamento dunha vivenda no nº 13 da rúa Paco Lanza e tamén os nomes que recibirán 21 rúas e espazos públicos. Na sesión ordinaria celebrada onte o equipo de goberno cos seus votos aprobou as modificacións da RPT dos traballadores municipais co obxectivo de dignificar a función pública e ofrecer un mellor servizo á cidadanía.
O pleno aprobou por unanimidade o expedente para a extinción de título de ocupación e desafiuzamento da vivenda nº 13 da rúa Paco Lanza (Grupo de Vivendas de Profesores). O rexedor explicou que “se trata do desahucio dunha das varias vivendas que o Concello ten en propiedade no que se chamaban as antigas vivendas de profesores. Esas vivendas foron cedidas pola Xunta ao Concello no ano 2004, había algúns profesores que as utilizaban esporádicamente, e algún caso que, aínda a día de hoxe, a segue empregando habitualmente. De aí que lles pedimos que devolverán as chaves, algúns xa o fixeron, outra persoa váina entregar en breve e queda unha máis coa que non conseguimos chegar a un acordo e iniciamos un proceso de desafiuzamento e posterior lanzamento, dado que é unha propiedade plena, está en título de precarista, non lle están pagandoun céntimo ao Concello”. O alcalde subliñou que “o Concello precisa eses inmobles para poñer en valor unha mazá que está abandoada e parece unha selva e porque se necesitan determinadas vivendas para usos sociais ou educativos, que o Concello quere levar adiante nos vindeiros tempos”.
Tamén se aprobou por unanimidade da Corporación o expedente para dar nomes a diversas rúas de Ribadeo. Fernando Suárez dixo que “nalgúns casos se recurriu a nomes de topónimos, ou de persoeiros/as vinculados con Ribadeo de maneira histórica, e noutros nomes que responden a eventos ou datas de conmemoración”. O rexedor destacou “a magnimidade que tivemos entre todos os grupos, porque pode haber nomes de rúas que algunha xente lle poida estranar que un goberno coma o noso puidera adoptar e tamén pode haber nomes de rúas que a outra xente lle poida estranar que determinados grupos da oposición puidesen validar. Creo que na magnanimidade e na cesión de todos e no respecto entre todos levamos adiante este expedente. Nos vindeiros tempos iremos facendo actos de descubrimento de novas placas e de bautismo destas rúas e espazos públicos”.
Cos votos a favor do BNG e a abstencións dos grupos da oposición foron aprobadas as modificación da RPT (relación de postos de traballo) do Concello. Suárez Barcia indicou que “a pesares de que a oposición nalgún momento cuestionou estas modificacións de maneira importante non se atreveron a votar en contra e se abstiveron. Os que estean hoxe pendentes dos medios de comunicación verán que a situación é escandalosamente mala e que incluso o goberno do Estado está a tomar medidas que para nada van favorecer o crecemento, senón todo o contrario. Desde o Concello de Ribadeo faremos todo o posible para dignificar a función pública e o traballo das persoas que traballan nas administracións públicas, empezando pola nosa”.
O alcalde advertiu que “todo o mundo vai traballar o horario que lle corresponde, terá un control horario dactilar vinculado por software ao programa de nóminas e no caso de que non cumpran co seu horario serálles detraído automáticamente na parte proporcional da súa nómina. E ao mesmo tempo a partires de agora nas funcións dos traballadores e traballadoras non se van volver dar cousas como que alguén non collese o teléfono porque non lle correspondía, que alguén non quería usar unha máquina porque non estaba na súa RPT ou que alguén non quería facer un traballo nun edificio municipal porque non lle correspondía… “Sin menoscabo da dignidade de calquera traballador todo o mundo vai facer aquelo que lle corresponda en función do seu cargo ou categoría e unha serie de diversificacións para intentar facer o máximo posible, dentro do persoal que temos porque non podemos ir a máis, senón todo o contrario, xa que todas as noticias e todos os acordos que nos veñen a nivel autonómico ou estatal van na liña contraria. Para dignificar o traballo imos cumplir como os demáis”.






















Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



